Gaiteiros, percusionistas e bailadores.
O Grupo de Música e Baile Tradicional A Legua Dereita fai intercámbios culturais con aquelas asociacións que, sempre sen ánimo de lucro, organizan eventos que teñan como finalidade a promoción da cultura.
No noso caso, organizamos unha mostra de grupos populares no festival Folk no río Chamoso, sendo a súa data o último domingo de Xullo.
Se vos interesa un intercambio ou outro tipo de colaboración -ou simplemente información-, non dubidedes en contactar con nós:
mail: [email protected]
tlfn: 659370508
CONTRATACIÓN:
Para contratar o Grupo de Música e Baile Tradicional de A Legua Dereita de O Corgo:
mail: [email protected]
tlfn: 659370508
As actividades do grupo van dende a animación participativa co público en festas, ensinando bailes e xogos musicais, ata actuacións temáticas de esceario con coidada escenografía e vestimenta (exemplo: Os baile tradicional da Montaña de Lugo, A música popular galega dende o século XIX, O traxe tradicional galego, etc), actuacións didácticas, ou formacións musicais tradicionais para vodas, pasarrúas ou calquer tipo de evento (cuartetos, etc).
Os cartos obtidos -como asociación sen ánimo de lucro na que ningún integrante cobra- empréganse na promoción da cultura galega a través do programa de actividades da propia asociación, que é a principal motivación dos integrantes do grupo e comprende a súa propia formación, mantemento de aulas permanentes, cursos de iniciación, actividades para nenos, dinamización sociocultural, etc. Nuns tempos nos que parece que todos estamos sometidos á macroeconomía e aos mercados, contratar ao Grupo de Música e Baile Tradicional de A Legua Dereita de O Corgo tamén significa axudarnos, axudar á cultura popular, a de todos e para todos, sinxela e honesta.
Somos unha asociación cultural que a traves da música e baile tradicional, entre outras actividades, intentamos difundir a cultura galega.
Facemos actuacións, intercambios culturais, asistimos a festivais e realizamos xornadas e cursos de temas diversos.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad