O Centro está situado na ladeira norte do monte da Madroa, cara a ría de Vigo.
LOCALIZACIÓN
O Centro está situado na ladeira norte do monte da Madroa, cara a ría de Vigo. O desnivel é o propio de dito monte.
Ao oeste do colexio hai un pequeno monte, de uso público, chamado “A Buraquiña”, por onde pasa un regueiro, a uns 50 m. do centro.
Arredor hai casas unifamiliares, pozos, manantiais, barrancos…
O terreo onde está construído, en principio, era unha xunqueira.
Está dentro dunha zona arborada, de flora moi variada. Así linda con carballos, eucaliptos, piñeiros, castiñeiros, árbores froiteiras…
INSTALACIÓNS
COLINDANTES
A edificación significativa máis cercana é o Parque Municipal de Bombeiros, a uns 200 m. de distancia.
Non existen instalacións industriais ou de outro tipo como vertedoiros, gasolineiras, almacenamento de productos tóxicos ou perigosos…
VÍAS DE
COMUNICACIÓN
Rúas: Paraixal, Rorís, Paradela, Camiño da Buraquiña, Camiño do Paraixal, Xuncal, Anxel de Lema e Marina, Avenida de Bos Aires.
Nacional 552, Vigo-Pontevedra; Autoestrada do Atlántico; Autovía A9.
Estradas comarcais e camiños veciñais que circundan o Colexio e que levan o nome das rúas anteriormente citadas.
CLIMA
Clima oceánico.
Temperaturas suaves.
Precipitacións: o inverno e o outono son as estacións máis chuviosas.
Ventos dominantes do oeste que veñen cargados de humidade desde o océano
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad