Actividade extraescolares, Robótica, Idiomas, Informática
AA40ESTUDO xorde no ano 2014 coa finalidade de darlle un xiro ao ensino fora e dentro do colexio.
Decidimos pór en valor as actividades extraescolares e formativas mantendo o seu caracter lúdico e de servizo de conciliación.
Somos unha das primeiras empresas galegas en introducir a robótica na nosa oferta, cando era totalmente descoñecida no ámbito formativo e continuámola traballando dende todos os ángulos, pedagóxico, electrónico, mecánico e programación.
Traballamos con Lego wedo, Mindstorms, Fischertechnik e arduino, programamos en scratch, LabView, AppInventor e tecnoloxías .NET e Java.
As nosas clases de informática non se limitan a ensinar mecanografía e manexar un procesador de texto, ensinamos a crear videoxogos, aplicacións para o móbil que interactúan co mundo real ou crear sitios web.
Potenciamos a creatividade dos menores, traballando dunha forma transversal as materias e habilidades que os farán cidadáns do futuro.
Cando facemos calquera actividade sexa robótica, teatro ou pintura, traballamos máis facetas doutras ramas como poidan ser matemáticas, o ciclo da auga etc.
Tamén traballamos a área dos idiomas onde ensinamos de forma lúdica e tamén para adultos, inglés, alemán, francés entre outros.
Con este método os menores aprenden sen esforzo e divírtense, no canto de deixar pasar o tempo para poder gozar da compañía da súa familia, convertemos ese tempo nun investimento de futuro a longo prazo que potencie as súas habilidades e abrirlles un abanico máis amplo para ser o que queiran ser, ser máis felices e empatizar cos demais.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad