Asociación Cultural Adro de Vilaño (A Laracha)
Asociación Cultural Adro de Vilaño.
Nacemos no 2015 cun obxectivo claro. Facer algo distinto á tradicional comisión de festas.
Nun enclave enriquecido polo río Anllóns, cas súas ribeiras, paseos e muiños, en Vilaño somos históricamente coñecidos pola Via Romana que atravesa a vila; polo relicario atopado fai apenas 20 anos, o cal data do século IV; ou pola manchea de castros que se atopan nos nosos campos, como é o Castro de Montesclaros, moi coñecido nesta comarca.
Malia a importancia da Historia, no pobo debemos vivir do presente, e iso é no que a nova Asociación Cultural Adro de Vilaño se quere centrar. ¿E qué mellor que empezar por facer unhas boas festas onde vernos todos e desfrutarnos entre nós? Pero non quedaremos aí, os nosos obxectivos son ambiciosos.
Comezamos con forza, temos moitas ganas.
Contamos Contigo!!
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad