facebooktwitterpinterest

Reseñas, información para Agrupación Instrutiva de Caamouco

Agrupación Instrutiva de Caamouco

Sobre Nosotros

Benvidas e benvidos á Agrupación Instrutiva de Caamouco. Nacemos na Habana no ano 1911 como escola. Agora somos unha asociación cultural.

Historia

Para poñer freo á precariedade do ensino na parroquia, os emigrados de Caamouco que se atopaban na Habana fundan en 1911 a Agrupación Instructiva de Redes y Caamouco. O 23 de outubro daquel ano asínase a acta fundacional da Sociedade, na que se crea unha estrutura dobremente organizada, cunha delegación na Habana e outra en Caamouco. O proxecto inicial culminará no ano 1915 coa construción e apertura do edificio escolar no lugar da Tenencia, adicado hoxe en día a actividades culturais.

Nesta etapa fundacional cómpre destacar varios persoeiros importantes. Un deles é D. José Cerdido, presidente e secretario da Xunta Directiva residente na Habana. A delegación en Caamouco estaba formada por D. Nicolás Noche, presidente, D. Cesáreo Seijas, secretario, D. Juan Pérez Pico, vicesecretario, D. Nicolás Casas, tesoureiro, D. Valeriano Rojo, vicetesoureiro e D. Francisco González, D. Enrique Prieto, D. Francisco Anca e D. Fernando Anca, como vogais.

O Regulamento Fundacional de 1911 da Agrupación marcaba as liñas nas que se debína basear as ensinanzas impartidas no seo da Tenencia. A pesar de non declararse unha sociedade laica, na práctica as experiencias dos emigrantes e o seu xeito de entender o ensino, facían que o modelo educativo da Sociedade fose ideoloxicamente moito máis avanzado e plural que o que se impartía na Escola Nacional. Dentro do texto fundacional adiántanse algúns dos obxectivos desta institución:

Art. 2º.- Su objeto será el siguiente: Primero fomentar y propagar gratuitamente la enseñanza entre los habitantes de la parroquia de Caamouco, provincia de La Coruña (España) y las parroquias colindantes, estableciendo las esculas de Instrucción que sus recursos les permitan, bajo la administración y dirección inmediata de una delegación representativa que al efecto se establecerá en la citada parroquia de Caamouco. Segundo.- Velar por los intereses generales de la repetida parroquia de Caamouco, estrechando lazos de amistad y afecto mutuo entre los vecinos, y todo lo que pueda hacer en beneficio y mejoramiento de los mismos.

O ideario da Agrupación inspirouse no pensamento da Habana do 1911, no que agromaban ideas novas que se mesturaban coas experiencias dos propios emigrantes e cos idearios puramente laicos, refrendados na práctica nas escolas do Centro Galego. Esta mestura era refrendada na práctica polas escolas do Centro Galego, servindo de base para o ideario que rexería a nova institución escolar de Caamouco.

Dirección: A Tenencia, 15623 Caamouco, Galicia, Spain
Teléfono: 680161929
Ciudad: Caamouco
Ruta: A Tenencia
Código postal: 15623


Reseñas
La Agrupación de Caamouco rezuma cultura por los cuatro costados, y es un placer y un honor pertenecer a su grupo de Teatro... Gracias por el apoyo constante.
Estuvimos representando algunas obras de teatro y además de ser muy bonita acogedor, son muy atentos.
Traducido por Google Bienvenidos y bienvenidos al Grupo Instructivo Caamouco. Nacimos en 1911 en La Habana como escuela. Ahora somos una asociación cultural. Original Benvidas e benvidos á Agrupación Instrutiva de Caamouco. Nacemos no ano 1911 na Habana como escola. Agora somos unha asociación cultural.
Comenta sobre este lugar

Agregue este mapa a su sitio web;



Nosotros usamos cookies

Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad