Caderno das/os poetas galegas/os contemporáneas/os.
“As escollas electivas”, espazo onde se ligan os poetas contemporáneos en lingua galega.
Criterios para participar deste espazo.
Os poetas para seren incluídos terán:
Que ser proposto/a por outro/a poeta.
Escribir poesía en lingua galega, independientemente do lugar de residencia ou da nacionalidade.
Cada poeta achegará:
Bio-bibliografía.
1 ou varias fotografías.
Nomeado/a por.
Nomear (se o estima oportuno) alomenos un/unha poeta, sen límite de escollas.
Poética (espazo libre no que expresar a túa reflexión en canto á poesía).
Enderezos electrónicos do autor (caderno, web, facebook, twitter, tuenti…)
Selección de poemas. Poden estar publicados, ou ser inéditos.
De ser o caso, tamén se admiten enderezos de audio e vídeo, co son e a imaxe do/da poeta, aloxados en YouTube, Goear, ou calquera outro portal semellante. Así coma outros enderezos electrónicos que fagan referencia ao autor/a (crítica literaria, colaboracións periodísticas, etc).
Enviarase ao enderezo: [email protected]
O material achegarase en formato .odt, .doc ou .docx.
A imaxe en formato .jpg.
Dito material será achegado polo interesado persoalmente.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad