
As Ninochas somos unha empresa familiar que leva máis de trinta anos facendo roscóns e doces ó xeito tradicional, ofrecendo un sabor auténtico que se remonta a décadas atrás cando todo se facía na casa.
Botando man das receitas máis antigas, nas Ninochas poderás atopar unha moi boa alternativa á pastelaría industrial; doces caseiros, coma os da avoa... doces artesáns de calidade, sabores auténticos nos que se distingue no padal cada un dos ingredientes empregados.
A filosofía das Ninochas é a de apostar pola calidade en cada un dos nosos produtos, por iso na súa elaboración empregamos ingredientes naturais básicos como ovos, azucre, fariña ou manteiga, cos que facemos desde un simple biscoito ata unha crema pasteleira.
No noso obradoiro poderás atopar:
Roscón
O doce máis solicitado. Amasado con ovos, azucre, manteiga, anís... feito á man e levedado en tres tempos coma antigamente, o noso roscón de textura e sabor enxebres, é sempre o favorito; tanto para o consumo autóctono como para achegar un saboriño do país a quen está fóra. O roscón das Ninochas é reclamado en diversos lugares do territorio peninsular (Euskadi, Asturies, Cantabria, Catalunya, Illas Canarias, Andorra, Illes Balears..) e do internacional coma Casablanca, Arxentina ou Nova York.
Magdalenas da Ninocha
Pequenas porcións abiscoitadas, tan esponxadas e suaves que triunfan en todos os almorzos e sorprenden en cada merenda.
Empanada de mazá
Un dos doces máis típicos nas casas do Morrazo. A pegada de manteiga e anís na masa combina á perfección coa mazá do recheo, resultando unha empanada moi substanciosa e sabedeira.
Biscoito glass
Húmido biscoito para degustar só... cuberto de azucre moído cunha refrescante sorpresa de mazá no interior..!
Bola de nata
Unha vez montada a nata, incorporámoslla ó proceso de amasado, resultando un biscoito que presenta finura e suavidade unha vez forneado.
Biscoito integral
Elaborado con fariña integral e azucre de caña... unha exquisita alternativa no consumo de fibra.
Biscoito mármore
Dúas cores, dous sabores!! Unha metade cun toque de canela, a outra con chocolate puro.
Torta de améndoa
Para os amantes da améndoa e do sabor enxebre.
Torta de Santiago
Suave sabor a améndoa en textura abiscoitada.
Torta de Allariz
Intenso sabor a améndoa no padal, suavizado cunha base de masa de follado, o equilibrio perfecto.
Espelliños
Suaves pastas de manteiga fina cun sabor único e orixinal, queres descubrir un sabor completamente novo? (aptas para celíacos)
Manguito
Biscoito moi esponxado e suave que require do seu propio molde (o tradicional de Pontedeume) para a súa elaboración.
Queique de Ordes
Exquisito biscoito de manteiga e uvas pasas de sabor tradicional.
Queique de noces, torta de queixo ó forno, torta de mazá ó descuberto, bica de manteiga, biscoitos de iogur ou manteiga fina son outras variedades que elaboramos e disfrutamos nas Ninochas.
Non esquezas as coñecidas tortas para celebracións que poderás combinar ó teu gusto entre nata montada, trufa, moka, xema torrada, crema pastelera, chocolate, froitas etc. e os nosos "brazos de xitano"
Embutidos Valleron
209 metros
La mejor carnicería con diferencia. Productos de gran calidad, una atención personali...
Kiosquillo Moaña
225 metros
Gran surtido.. Dependientas majisimas.. Pan , revistas, chuches y regalitos de última...
Merceria "LA Orquidea"
285 metros
VENTA AL MENOR DE ARTÍCULOS DE MERCERÍA, TANTO EN EL ESTABLECIMIENTO COMO POR MEDIO D...
Artenadalmoaña
318 metros
Bakery Martínez
332 metros
Negocio super acogedor y casero. El personal no puede ser más amable, lo recomiendo t...
Greengallery
335 metros
Siempre quedo bien con los regalos que compro allí. Y si quieres algo especial, Patri...
Rias Baixas Gourmet
565 metros
De 10 , tanto en la profesionalidad como en los productos muy buenos,no se esperaba m...
JCV CLIMA
657 metros
Es una FRAUDE de empresa. Me vendió una caldera y nunca me la suministró. Tampoco me ...
Lollypop Chuches
675 metros
Golosinas se venden en muchos sitios, pero aquí la chica es súper maja y si necesitas...
Panaderia- Pasteleria Diz
810 metros
Me encanta ,pan 100%los pasteles igualmente muy buenos ,bizcocho os recomiendo probar...
Alimentate
851 metros
Tenemos gran variedad de gominolas chocolates...artículos de repostería.. Realizamos ...
Larpeiros
1 km
Cómo cafetería no puedo valorarla. Pero si cómpre pan y croissants. Precio que roza e...
Rodacar Moaña
1 km
De los mejores, por no decir, el mejor taller de mecánica rápida en la zona del Morra...Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad