GALEGO DE ASTURIAS / EO-NAVIA / OCCIDENTE DE ASTURIAS
ABERTAL ten como fin a consecución da cooficialidade da lingua galega de Asturias como riqueza indiscutible do patrimonio cultural asturiano e a súa vez servir de ponte e instauración de relacións con todo o mundo cultural galego-portugués do que sen dúbida se considera e forma parte.
Esta asociación apoiará todas aquelas iniciativas sociais e culturais que os seus membros consideren acordes cos seus plantexamentos programáticos e colaborará especialmente con aquelas asociacións irmás do Bierzo e As Portelas, coas veciñas de Galiza e Portugal, coas asociacións de defensa da lingua asturleonesa que recoñezan a existencia do galego de Asturias e outras que promoven a defensa de minorías lingüísticas europeas.
Polo último sempre servirá de apoio para todas aquelas institucións que devecen apoiar a nosa cultura e a Nosa Terra: o Eo-Navia.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad