
Estamos en Santiago de Compostela, Galiza. Temos como obxectivo o rescate de animais non humanos e a difusión do veganismo.
Contacto: 633419868
Vacaloura é outro mundo posible. Un mundo no que ninguén sexa discriminado por cuestións de raza, especie, sexo, orientación sexual... Un mundo onde as persoas non esquezamos que tamén somos animais, e polo tanto, respectemos a tódolos individuos sentintes do planeta, tendo en conta as súas ganas de vivir, de disfrutar e de non ser prexudicados. Porque no que importa tod@s somos iguais. Cremos que a vía para chegar ó mundo Vacaloura
é o veganismo, cando deixemos de empregar ós demais ó noso antollo (como entretemento, comida, vestimenta,...), poderemos comezar a falar de igualdade, de respecto. Como consideramos que as persoas tamén somos animais, e temos capacidade de sentir, tamén estamos en contra da discriminación e explotación humanas.
Vacaloura, Santuario Animal, nace en 2013 coma un espazo de difusión e recuperación de vidas. Acollemos animais de calquera especie sempre e cando poidamos darlles unha vida digna. Achegamos as súas historias, as
súas horas baixas e ás súas alegrías, para quen queira coñecer ós animais dende outro punto de vista, lonxe do que nos ensinan (a galiña dá ovos, a vaca leite, a ovella la...) que vai rompendo pouco a pouco coa visión que
tiñamos de nen@s: “os animais son amigos”. Se vos asomades á fiestra de Vacaloura descubriredes animais cargados de emocións, alegres, tristes, con ganas de recibir amor, con ganas de dalo, pero ante todo e sobre todo,
coa necesidade de ser respectados. Podemos vivir sen danar a outr@s e imos demostralo. A través dos nosos cursos de cociña, de elaboración de produtos de cosmética, de limpeza, das nosas receitas, etc coñecerás outra forma de vivir que axudará a que outr@s tamén poidan facelo. Pero para que Vacaloura sexa posible, necesitamos do teu compromiso. Podes axudarnos de diferentes formas, a máis importante, deixando de empregar ós animais
no teu beneficio, se queres, podemos axudarche a da-lo paso, ponte en contacto con nós. Pero, ademais:
♥ sendo soci@: por unha pequena cuota mínima de 5 euros mensuais podes axudarnos a seguir en pé de loita
♥ sendo pa/madriñ@: comprométendote cun dos nosos habitantes e os gastos que xera, a partir de 10 euros ó mes podes axudarnos na súa manutención
♥ doando cousas que precisemos: dende gasas, menciñas, a materiais de construción, e incluso cousas que teñas por casa que xa non precises para que poidamos vendelas en mercados solidarios
♥ realizando actividades para sacar fondos, dende concertos a talleres, pasando polo que se che ocorra, sempre que sexan actividades que non impliquen sufrimento nin explotación animal
♥ sendo voluntari@, ofrecendo o teu traballo: limpeza, construción,...
♥ cedéndonos un terreo, para que poidamos seguir aumentando o número de vidas salvadas da explotación e o abandono ou un vehículo vello, tan necesario para as visitas veterinarias, compra de comida para os habitantes,...
O Santuario Animal Vacaloura, situado en Santiago de Compostela, naceu no 2013 para acoller animais de todas as especies, sempre e cando se lles poida dar unha vida digna, e para difundir o antiespecismo e o veganismo, dende unha perspectiva interseccional.
Todes es habitantes de Vacaloura deixan atrás historias de maltrato, de explotación e de abandono. En Vacaloura lóitase para que os animais non humanos recuperen a saúde, a tranquilidade e poidan vivir en paz.
Santuario Vacaloura - castellano
74 metros
Estamos en Santiago de Compostela. Tenemos como objetivo el rescate de vidas animales...
ITACA.Asociación xuvenil e cultural.
216 metros
Sitio agradable para reuniones de jóvenes... y de no tan jóvenes con espíritu joven....
Feiras do Libro de Galicia
344 metros
Feiras do Libro que organiza a Federación de Libreiros de Galicia nas principais loca...
Federación de Libreiros de Galicia
344 metros
Organización empresarial que representa a las librerías de Galicia.
Terra Nova Pilgrim House
449 metros
Hermoso lugar para el peregrino que acaba de llegar y se encuentra un poco desubicado...
Asociación para a defensa do Patrimonio Cult...
449 metros
Asociación sen ánimo de lucro para a defensa, difusión e promoción do Patrimonio Cult...
SCQ erasmus
463 metros
Somos una asociación estudiantil sin ánimo de lucro de ayuda a los estudiantes intern...
Colexio Oficial de Xoiaria
489 metros
Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia...
Vicaría de Enseñanza y Catequesis
596 metros
Delegación Pastoral de Catequesis de la Archidiócesis de Santiago de Compostela, Espa...
Asociación Galibach
612 metros
Asociación para o Estudo, Ensino e Difusión da Terapia Floral do Dr. Edward Bach en G...
ESN Santiago
692 metros
Erasmus Compostela is a non-profit organization that works on help international stud...
ACentral Folque
751 metros
Centro Galego de Música Popular, organización arredor das músicas tradicionais e do p...
A Mesa pola Normalización Lingüística
753 metros
Traducción de Google El corazón de Xalima Cáceres, gracias a la mesa por tu trabajo L...Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad