facebooktwitterpinterest

Reseñas, información para Aula da Natureza do río Miño

Aula da Natureza do río Miño

Sobre Nosotros

Espacio donde se piensa en el medio ambiente. En el pasado ,en el presente y futuro de la educación ambiental.

Historia

É importante concienciar á xente da importancia da conservación do medio e da directa implicación deste na nosa vida e saúde como parte integrante que somos del. O concepto básico empregado na procura deste obxectivo é o Desenvolvemento Sostible, presente en todas as actividades. Coñecer, gozar e defender o noso ambiente máis próximo son as liñas xerais que traballamos a través das distintas actividades realizadas.

A Aula da Natureza, situada no paseo fluvial de Oira, ofrece visitas guiadas onde, mediante paneis e diverso material informativo como maquetas e expositores, a xente que veña por aquí familiarízase co río Miño e co bosque de ribeira: aspectos naturais, patrimoniais, culturais e históricos relacionados co río ao seu paso pola nosa cidade. A estas actividades poden asistir persoas de todas as idades tendo en conta que as explicacións se adaptarán aos diferentes niveis educativos dos participantes.

Nas actividades cos escolares, o alumnas/o dividido en grupos realiza xogos (dentro e fóra) e itinerarios ambientais, dependendo das necesidades e/ou desexos dos participantes, así como das condicións meteorolóxicas.

Obxectivos:

1-Coñecer, gozar e defender o noso contorno natural: flora, fauna e aspectos culturais e históricos relacionados co medio, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiás.

2-Gozar do contorno e comprender a oferta lúdica que representa, ademais de fomentar o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades.

3-Posibilitar un comportamento cotián acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico e da conservación do patrimonio natural e cultural.

4-Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento.

5-Tomar conciencia do valor do noso e a importancia da súa conservación a favor do desenvolvemento sostible.

6-Descubrir a influencia do medio na saúde, entendida no seu concepto máis moderno e amplo como ”Estado de benestar físico, psíquico e social” segundo a OMS.

PRESENTACIÓN DA AULA

Esta é a Aula da Natureza do río Miño no seu curso medio ao seu paso pola cidade de Ourense.

O río Miño é o río máis grande de Galicia, é moi caudaloso e baña unha grande superficie do territorio galego. (Sáibase que nace na serra de Meira, no Pedregal de Irimia. O tramo de percorrido pola Terra Chá ata Lugo foi declarado pola UNESCO Reserva da Biosfera, en Ourense acomodase a unha depresión).

A auga do río, sen auga non hai vida. Proporciona auga aos seres vivos entre eles ao home. Bosque de ribeira, animais, non poderían vivir sen o rio. Biodiversidade.

Enerxía (eléctrica-mecánica): centrais hidroeléctricas, muíños (aceas).

Augas termais. En Ourense o Miño pasa por unha fosa tectónica por onde emerxen estas augas.

Ocio: nadar, navegar, pescar, pasear ou facer deporte nas ribeiras, etc. Debe ser sempre respectuoso co medio ambiente e procurar deixar todo POLO MENOS como estaba antes.
Todo aquilo que tiramos ao chan acaba chegando aos ríos e aos mares, hai que ser más coidadosos porque necesitamos a auga, o chan, os animais e as plantas para vivir.

DIVISIÓN.

Todas as visitas de escolares van superar en moito a cifra ideal de grupo para realizar esta visita a Aula debido as dimensións desta e a distribución dos paneis.
Dividiranse estes grupos en dous que alternarán as actividades.

INTERIOR DA AULA.

Este grupo divídese á súa vez en dous pero antes explícaselles a organización dos paneis na aula.

Contido da Aula e a súa organización, Transparencias? (5-10 minutos).
Na planta baixa (unha maqueta do río ao seu paso pola cidade de Ourense e 6 paneis).

Río Miño. Do nacemento á desembocadura.
- A agua no mundo.
- A agua que consumimos.
- Importancia do río – biodiversidade, espazos naturais, cultura.
- Importancia do río – paisaxe, terrazas fluviais, coiñais.
- Importancia do río – paisaxes de Galicia.

Na planta de arriba (unha maqueta dunha acea -muíño de Ourense- e 8 paneis).

Dereita.

• 2 paneis de plantas e bosque de ribeira.
• 2 paneis de animais: un de insectos e moluscos (invertebrados) e outro de anfibios, réptiles, peixes, aves e mamíferos (vertebrados).

Esquerda.

• Muíños.
• Pontes de Ourense.
• Augas termais.
• Usos tradicionais do río.

Maqueta do muíño.
Se sobran máis de 30 minutos para que finalice a sesión no interior, antes de xogar suxíreselles que boten unha ollada aos paneis.

Xogo de averiguar respostas (30 minutos).
Pode ser a Oca ou simplemente repartir o mesmo número de preguntas a cada grupo e ver quen as acerta correctamente, antes e en maior número.
Se por azar, se alcanza a meta antes de tempo ou de ter feito moitas preguntas e respostas, xógase outra vez.

Preguntar antes da despedida algo sobre o que lles pareceu a visita.

Ver fichas para recoñecer outros animais que poidan aparecer no itinerario (paxaros, lagartixas).
Facer máis preguntas OCA.
Facer preguntas, xogo conclusión do itinerario.
Transparencias?

Material.
Fichas roda de animais.
Panos do concello e outros obxectos para sinalar no xogo da roda de animais.
Prismáticos.
Cámara?, paraugas por se alguén non o leva.

Panel (papel ou cartón). Oca – pegar – fichas – dado – reloxo de area ou cronómetro.

Parada. Coiñal. Muíño. Potables.

Coiñal. Formado por coios (cantos rodados), pedras redondeadas e pulidas pola erosión do río. En millóns de anos alternáronse fortes choivas – erosión e transporte con épocas secas, sedimentación. Usáronse moito para construción (casas, rúas, prazas, etc)

Muíño. Tiveron moita importancia, para facer fariña e tamén producir enerxía. Algúns tiñan varios propietarios e utilizábano por quendas. En Ourense chamábanse Aceas. Construíanse dentro do río e tiñan forma de barco (proa-tallamar) para soportar mellor a corrente. As rodas eran de rotación (rodicio) vertical.

Potables. De fronte, na desembocadura do río Loña, pódese ver unha caseta de bombeo de auga do Miño que é conducida á ETAP para potabilizala antes de enviala ás casas. Na maior parte do ano cáptase do encoro de Castadón (río Loña) para este fin. Cada vez luxamos máis o río e cada vez requirirá a auga máis tratamento e iso é moi caro. Usar con prudencia a auga, non tirar cousas polo váter, nin ao chan, etc.

Parada. Lodoeiros (Celtis australis).

De onde credes que é?. Non é australis por ser de Australia senón por ser do sur de Europa. Propio do clima mediterráneo atópanse moi poucos de forma espontánea en Ourense e sur de Lugo. Vive cerca do río pero adáptase ben á seca e á calor do verán. O froito é como unha cereixa negra, aos paxaros gústalle e así axudan a propagalo (comestible, a que sabe? Para min, a uva pasa). A punta da folla é longa e fina, follas dentadas (con dentes nos bordes). Flores amareladas. Usábase a madeira para utensilios agrícolas, bo combustible e carbón de primeira calidade.
Se non se fixo o xogo e sobra tempo, faise como conclusión – Uns de costas para os outros, logo de escoitar uns enunciados relacionados co itinerario, perséguense segundo sexa verdadeiro ou falso. De cada vez coméntase a afirmación.

EXTERIOR DA AULA (40 minutos).

Realizarase un xogo (roda de animais) e/o unha parte dun itinerario.
Xogo (20 minutos). Cando quedaran no medio 5-7 persoas (o monitor e a ser posible o profesorado tamén xogan) o monitor va cara a un dos participantes e pregúntalle que animal ten e que características sabe del..
Itinerario (20 minutos).
Parada. Espigón; Embarcadoiro.
A presa de Velle. Construíuse en 1966 para producir enerxía. Retén a auga (comportas) e déixaa caer movendo unha turbina que mediante un xerador produce enerxía.
É necesaria a enerxía e este sistema é limpo pero hai que respectar o caudal mínimo para que poidan vivir os peixes e o resto dos seres vivos, ademais de facer pasos para que os peixes migratorios (salmón, anguía, lamprea) poidan subir para pór os ovos.
Ver se se ven:
Corvo mariño: Captura peixes mergullando e logo estende as súas ás ao sol para que sequen porque ten pouco desenvolvida a glándula que impermeabiliza as súas plumas. Pode comer ¾ de peixes ao día.

Lavandeira.
É insectívora e por iso está protexida. Camiña pola beira para conseguir insectos pequenos e vermes. Moven a cola de arriba para abaixo para comunicarse entre elas.

Patos (Lavanco real).
O macho é de cores vistosas para ligar e a femia é parda para non ser vista no niño. Comen sementes, herbas, insectos, pequenos anfibios e moluscos. Están todo o ano, no inverno veñen máis de Europa. Voan moi ben, poden percorrer 480 km nun só dia.

Gaivotas.
Comen os residuos. Antes co vertedoiro había moitas máis. Aquí temos a gaivota chorona, chamada así polo ruído que fan.
Parada. Chopos (álamos-populus). Chopo branco, chopo negro e chopo lamigueiro.
Necesitan ter as súas raíces preto da auga por iso se atopan nas ribeiras dos ríos. Protexen e fixan as ribeiras (coas raíces). É gorida, sombra e alimento de moitos animais como todas as árbores. A madeira é lixeira e de pouca calidade, utilizábase para embalaxe e pasta de papel. Niños – nalgúns países, en primavera e verán, prohiben talar as árbores para protexelos, moitos paxaros que emigran (polas temperaturas) regresan no ano seguinte na busca do mesmo niño.
O pecíolo (une a folla coa rama) é longo e flexible, a forma da folla é variable, esta é ovoide-romboidal ou triangular e remata en punta (acuminada) ademais o borde da folla é serrado. Fixarse no tronco.
No bosque de ribeira xeralmente se atopan os mesmos tipos de árbores segundo a proximidade do río. Son frecuentes os amieiros (aliso), bidueiros (abedul), salgueiros (sauces) máis preto do auga.



Dirección: Paseo fluvial de Oira S/N, 32001 Orense
Teléfono: 988510781
Ciudad: Orense
Ruta: Paseo fluvial de Oira S/N
Código postal: 32001


Lugares similares cerca
Concellería de Sanidade de Ourense Concellería de Sanidade de Ourense 648 metros Personal muy amable, atención esmerada y rápido.
Colexio Divino Maestro de Ourense Colexio Divino Maestro de Ourense 817 metros Conocido el solar desde antes de levantarse el Colegio y visitado durante unos 14 año...
Sabrosura - Escuela de Baile & Fitness Sabrosura - Escuela de Baile & Fitness 1 km Elegimos a Sabrosura para amenizar nuestro gran dia y la verdad es que solo podemos d...
Roteiros Culturais da Universidade de Vigo Roteiros Culturais da Universidade de Vigo 1 km Programa da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo para todas as p...
Logopedia VOX Logopedia VOX 1 km Yenina Alonso del centro de logopedia VOX gran profesional con la que Mouxion s.l col...
Unión. Centro de Terapia Integral Unión. Centro de Terapia Integral 1 km Profesionales de 20 sobre 10. Hacen fantásticamente su trabajo y además siempre tiene...
Next Stop Academy Next Stop Academy 1 km Maritza es una profesora maravillosa. Cercana, acogedora, implicada y con una vocació...
Padilla Ourense Centro de Psicología Padilla Ourense Centro de Psicología 1 km Totalmente recomendable por la magnífica atención y por la forma en que te ayuda y te...
SAFE Formación SAFE Formación 1 km Que decir...... además de magníficos profesionales son excelentes personas Isabel, ca...
Escuela Infantil Colorines Ourense Escuela Infantil Colorines Ourense 1 km Siempre me han tratado muy bien y los alumnos han sido y progresado fenomenal. La inf...
Colegio plurilingüe  Colegio plurilingüe "María Auxiliadora" Sal... 1 km Yo soy alumno de este colegio lo de poner 10 exámenes cuando estaba en 4 de primaria ...
Captioma Captioma 1 km Mi experiencia ha sido y es muy positiva. He tenido diferentes profesoras de ingles y...
SAFE Educa + SAFE Educa + 2 km Los niños van encantados, se les nota mucho la mejoría y la profesional nos mantiene ...
The New Kids Club Ourense The New Kids Club Ourense 2 km Inglés TNKC METHOD, apoyo escolar, talleres y actividades vacacionales.
Espacio Arboleda/Academia y Actividades Lúdicas Espacio Arboleda/Academia y Actividades Lúdi... 2 km Academia y Actividades Lúdicas
Asociación Trascos Asociación Trascos 2 km Grandes profesionales.
Consello Municipal de Deportes - Concello de Ourense Consello Municipal de Deportes - Concello de... 2 km O Consello Municipal de Deportes é un Organo Autónomo adscrito á Concellaría de Depor...
Comenta sobre este lugar

Agregue este mapa a su sitio web;



Nosotros usamos cookies

Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad