A biblioteca, pon énfase no desenvolvemento de servizos e recursos adaptados ás necesidades culturais e informativas específicas do seu contorno.
A biblioteca “Xosé Neira Vilas” é unha biblioteca pública, tanto pola titularidade, que é municipal, como polas persoas ás que se dirixe: ao conxunto da cidadanía sen ningún tipo de distinción de idade, raza, sexo, relixión, condición ou opinión, en contraposición ás bibliotecas de acceso restrinxido (investigación, escolares, universitarias, etc.).
Queremos converter a nosa Fan Page de Facebook nun punto de encontro para todo o público amante da lectura, un espazo no que intercambiar opinións e no que terán cabida todos os puntos de vista sempre que sexan expresados de forma respectuosa e non ofensiva para o resto das persoas usuarios da páxina.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad