A Biblioteca Rosalía de Castro é a Biblioteca universitaria central do Campus de Ourense e forma parte da rede de bibliotecas da Universidade de Vigo.
A Biblioteca Rosalía de Castro como servizo público e de calidade xestiona e pon á disposición da comunidade universitaria un conxunto de recursos e servizos de información para apoiar as súas actividades de aprendizaxe, docencia e investigación. Servizos que brinda tamén á súa contorna: a cidade de Ourense.
A súa misión é contribuír ao éxito dos seus usuarios mediante a provisión de información e os servizos bibliotecarios que necesitan para obter, crear e transmitir coñecemento.
As súas metas son:
• Ser un actor esencial no Campus de Ourense
• Ofrecer un servizo de calidade
• Ofrecer un bo lugar de traballo
• Ser unha biblioteca sostible
• Ser unha biblioteca innovadora
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad