A Biblioteca Pública Municipal Rego da Balsa é o novo espazo para a cultura, o coñecemento, a creatividade e o lecer en Carballo.
A biblioteca pretende ser un referente na Comarca de Bergantiños, en canto a oferta de novas tecnoloxías, cultura e lecer. Un punto de encontro para as súas xentes e unha alternativa de ocio para tod@s, pero sobre todo para os máis xoves. Queremos transformar o xeito en que a cultura chega ás persoas. Queremos que a xente atope na biblioteca un espazo físico e virtual onde divertirse, formarse e informarse, pero tamén que teñan acceso a produtos informativos de calidade sobre a cultura e a produción creativa e literaria, local e universal. Un lugar onde as persoas podan desenvolver a súa creatividade.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad