3 mulleres
1 cooperativa
1 tenda de produtos ecolóxicos a granel
1 espazo de xestión comunitaria de servizos
1 obrador textil
...un lugar alternativo
Bico de grao somos tres socias que nos constituímos como cooperativa de traballo asociado para por en marcha un espazo de venda de produtos ecolóxicos a granel e de xestión comunitaria de servizos, co obxectivo final de crear un rede de consumo consciente e responsable en Lugo.
Este proxecto pretende ofrecer alternativas sustentables en tódalas súas vertentes polo que ademais dunha tenda de produtos ecolóxicos a granel e non perecedeiros, haberá un espazo para a realización de actividades relacionadas cos valores da cooperativa e outro de deseño téxtil (coa nosa propia marca Fixenöeu).
Na procura dun mundo mellor, máis sostible, xusto, ecolóxico e solidario, creamos este espazo, ao que vos convidamos a unirvos para agrupar inquedanzas e procurar alternativas.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad