Estamos na Rua Restollal, 15, enfrente do Hipercor
carme seoane paredes
Despois de licenciarse en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela formouse en Madrid (Hospital Veterinario Mediterráneo, servizo de Neuroloxía do Hospital Veterinario da Universidade Complutense, servizo de Ecografia do Hospital Los Madrazo), Alacante (Centro Policlínico Raspeig), e outras cidades completando a formación en Dermatoloxía, Oncoloxía, Endocrinoloxía, Medicina de Animais Exóticos, …
Traballou en Íscar (Valladolid), Arévalo (Ávila) e, durante unha década, na clínica veterinaria Albéitar de Ávila.
Ademais da formación técnica caracteriza a esta veterinaria o trato personal e a búsqueda da máxima calidade no servicio realizado coa especialización en Cirurxía Avanzada Láser.
iria dios leis
Licenciada en Bioloxía e en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela.
Completou a súa formación en Lugo (no Hospital Clínico Veterinario Rof Codina) durante tres anos, como colaboradora e formando parte do programa de internado do Hospital, tamén realizou unha estancia no Hospital Exótics de Barcelona. Especializouse en Medicina Interna (Oncoloxía), Anestesia coa realizacion de diversos cursos e participación en congresos internacionais.
maría lorenzo toja
Licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago. E máster en Investigación Aplicada. Traballou como responsable da Imaxe da Unidade de Resonancia Magnética da USC. Asistiu e participou en cursos e congresos de veterinaria. O seus campos de interese son a Medicina Felina e o Diagnóstico por Imaxe (Ecografía). Ten unha amplia experiencia xa que foi interna e colaboradora docente no Hospital Rof Codina.
yolanda sánchez aldariz
Auxiliar Técnica Veterinaria.
Con experiencia en clínica dende 2003. Asistiu a cursos de formación de Auxiliar, Hospitalización, Márketing e Psicoloxía e Problemas de Comportamento Caninos e Felinos. Unha gran profesional amante dos animais coa que podes contar para asesoramento do coidado da túa mascota.
noemí viña callado
Perruqueira Canina, Felina, Exóticos.
Auxiliar Técnica Veterinaria.
Con formación en diferentes centros, posee experiencia con todo tipo de razas e estilos.
Gústalle que cada propietario exprese os seus gustos particulares, de tódolos xeitos, podedes confiar no seu estilo que, de seguro, vos complacerá,
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad