Laboratorio do Común para o desenvolvemento Integral da Cultura Libre en GZ.
CALENDARIO :
http://casacolorida.net/
Laboratorio do Común para o desenvolvemento Integral da Cultura Libre en GZ.
Páxina web: http://casacolorida.net/
Enderezo: Rua Rosalía de Castro 16_Nigrán_Pontevedra.
Tlfno: 0034_680333725
e-mail: [email protected]
O obxetivo principal é o propio PROCESO de ir desenvolvendo PROXECTOS de CULTURA LIBRE facilitados por unha ORGANIZACIÓN COLETIVA AUTÓNOMA ,autoxestionada, aberta e horizontal, SISTEMATIZANDO e COMUNICANDO en aberto para o COMÚN todo o proceso dun xeito transparente e de acceso libre de cara a que outras persoas e proxectos que empaticen con estes principios, podan optimizar a nosa experiencia coas nosas luces e as nosas sombras.
Ten como propósitos, facilitar a cohesión social e fortalecer relacións sociais descentralizadas P2P, máis respetuosas e igualitarias, acollendo propostas cidadanas de acción sociocultural no territorio do Val Miñor e en conexión con outros territorios cos cuais podería criar procesos en rede dentro dos principios de #CulturaLibre e #CódigoAberto.
Algunhas pautas que van marcando o proceso:
– A mellora na calidade das relacións entre os habitantes da rexión do Val Miñor.
– A procura dun modelo económico sustentable e colectivo.
– A sensibilización có medio ambiente.
– A dinamización da arte e a cultura.
– O trazado de relacións con outros espazos, colectivos e entidades.
MODELO ORGANIZATIVO de PARTICIPACIÓN ABERTA a tódala cidadanía e colaborador@s do proceso baixo unha metodoloxía asamblearia a través da que tod@s podemos construir xunt@s.
*** FORO COLORIDO é un espazo de encontro aberto para toda a cidadanía no debate sobre cuestións tanto do territorio do Val como sobre o propio Laboratorio da Casa Colorida.
*** ASAMBLEA é unha ferramenta horizontal de definición, construcción e ratificación do proceso do Laboratorio Colorido e os seus proxectos, nos que calquera persoa se pode achegar, colocar puntos na Orde do Día e participar nos debates que den luz ó Coletivo Colorido para ir chegando a consensos na toma de decisións que vaian mellorando o proceso.
A toma de decisións do proxecto está supeditada ó Coletivo Colorido, que serán aquelas persoas que se responsabilizan en levar a cabo o desenvolvemento de proxectos que atendan integralmente as catro frentes de Traballo para o desenvolvento da Cultura Libre.
** FRENTES DE TRABALLO:
////// ECONOMIA COLORIDA
////// REDE COLORIDA
////// MEDIALIBRE COLORIDA
/////// UNI LIBRE COLORIDA
Residencia Colorida
Horta Colorida
Hacklab Colorido
Talleres coloridos
Proxectos propios
Mapeo Hortas do Val Miñor
Residencia Criativa LAC
Proxectos en rede
Rede Galiza Imaxinaria
Rede Social GzImaxinaria
Feira Imaxinaria
PEI_Programa Estudos Independentes
Moeda Social do Val Miñor
SPG _ Sistema Participativo de Garantía Ecolóxica no Suroeste de Galicia.
Festival Internacional Ponte na Escena
Festival Grito Rock
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad