Rosquillas caseiras
Despois de moitos anos degustando este produto nas sobremesas das celebracións familiares, no ano 2015 iniciamos unha nova andaina.
As rosquillas da Casa da Xorxa son feitas ao modo tradicional, empregando para a súa elaboración produtos de calidade. A súa textura esponxosa, co típico aroma do ovo, un toque de anís e unha película de azucre que envolve todo o seu contorno, fan unha auténtica delicia para o padal.
Desexamos que vos gusten e que poidades saborealas na compaña dos vosos.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad