Casa rural e restaurnte en Seoane do Courel onde poderás durmir e comer
Comer e durmir, desta maneira é como difinimos a nosa casa de hospedaxe en Seoane do Courel. Dende o corazón da serra do Courel, terás acceso a varias rutas de senderismo, etnografía e natureza. Consta de 8 habitacións dobres con baño e 2 con baño compartido, e teñen a opción de incluir o almorzo.
No noso restaurante poderás comer de carta ou de menú, e disfrutar de pratos típicos da serra coma o xabaril con castañas, a empanada de acelgas ou a tarta de castaña feita por Concha, a nosa cociñeira. Abrimos de venres a domingo e festivos dende Marzo ata Decembro. Ademáis por encargo prepáramos cabrito ó forno e chuletón de tenreira galega, ao que sumamos suxerencias de tempada coma o cocido de porco, o caldo ou diferentes pratos a base de cogumelos.
SEMPRE COMA NA CASA.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad