facebooktwitterpinterest

Reseñas, información para Centro Creativo Musical

Centro Creativo Musical

Sobre Nosotros

MOAÑA: Donato Bernárdez 7, Entrp. A,
Tel 622 16 56 47 - 698 13 96 53

VIGO: Avenida Camelias 53.
Tel. 644 737 480 - 698 13 96 53

Historia

CENTRO CREATIVO MUSICAL – CCMUS

O CCMUS ten como obxectivo crear un espazo dedicado ao ensino e práctica da Música, da Danza e das Artes. podes atoparnos en Vigo e en Moaña.

Respecto a Música, o Centro Creativo Musical funciona de forma diferente aos conservatorios tradicionais, pois apostamos por un sistema innovador utilizado en Centro Europa que nos diferencia. Nun mesmo día de clase impartimos instrumento, linguaxe musical e música de conxunto. Isto permite maximizar o tempo (nos conservatorios e algunhas academias son varios días a pesar de que o tempo é o mesmo) e tamén permite que o alumno non "sufra" tanto coa linguaxe musical, pois entenderá mellor que o que está na partitura é unha representación do que está tocando e non ao revés.

A idea do CCMUS é preparar os alumnos para os certificados de validez internacional, como é o da Royal School Music. Con este tipo de certificados os seus estudos serán aceptados en calquera país, elemento moi importante para a formación e a cualificación profesional.

En canto a Danza Clásica (Ballet) ou Contemporánea, actuamos do mesmo xeito e para iso os prepararemos para os exames da Royal School of Dancing, que tamén ofrece certificados de carácter internacional.

No que se refire a Artes, a escola imparte a día de hoxe clases de artes plásticas, fotografía, escritura creativa, teatro, banda deseñada, cine etc.

Pero máis alá dos certificados e as cualificacións, o importante é que os alumnos se divirtan creando, xogando, tocando. O fundamental é a creatividade e que esa creatividade se transmita. É por iso que somos unha escola de artes. Somos artísticos e queremos que os alumnos se empapen da nosa filosofía facendo que todas as actividades sexan de carácter transversal. Todos os nosos alumnos saberán de primeira man como funcionan as demais disciplinas artísticas e así poden ter criterio propio para decidir e continuar creando...

En definitiva, ese é o espírito de CCMUS.

Podes atoparnos en Vigo, nas instalacións do Colexio Labor:
Avenida Camelias 53. Teléfono 644 737 480

Ou tamén no Morrazo:
Rúa Donato Bernárdez 7, entreplanta A, Moaña.

Dirección: Rúa Bernárdez Sotelo 7, entreplanta A, 36959 Moaña
Teléfono: 622165647 - 698139653
Ciudad: Moaña
Ruta: Rúa Bernárdez Sotelo 7, entreplanta A
Código postal: 36959


Reseñas
Traducido por Google Centro de enseñanza de la música, muy recomendable Original Centro de ensinanza musical, moi aconsellable
Comenta sobre este lugar

Agregue este mapa a su sitio web;



Nosotros usamos cookies

Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad