A Comuna é un centro social autoxestionado, baseado nun proxecto de transformación social e creación de comunidade. Estamos situadas na rúa Doutor Ferrant, número 8, no barrio de Monte Alto da Coruña
Correo electrónico de contacto: csacomuna@gmail
QUE É A COMUNA?
A Comuna é un centro social, un proxecto de transformación e creación de comunidade, un espazo de encontro para a xente máis aló de lóxicas individualistas, homoxéneas e dirixidas.
Na Comuna entendemos que o cambio social constrúese dende abaixo, paseniño, dende a proximidade, a autonomía e a solidariedade.
A Comuna é a cara B da historia, o fío dunha memoria de rebeldía e liberdade.
QUEN SOMOS?
Un grupo de persoas diversas en idade, ideas, inquedanzas, emocións... coa forte convicción da necesidade de artellar outros xeitos de relación e construcción de vida.
Somos xente con experiencia en distintas loitas, na defensa do que é noso, do que é de todo o mundo!
QUE FAREMOS?
Queremos que a Comuna sexa un lugar de encontro e participación. Nela terán cabida todo tipo de actividades e proxectos para a dinamización da comunidade.
• Obradoiros (linguas, apoio educativo, cinema, saberes populares...)
• Memoria(s) do pobo
• Aprendizaxes (charlas, exposicións, meses temáticos...)
• Cineclube
• Ludoteca para as crianzas, participación infantil e xuvenil
• Espazo de lectura
• Xantador popular
• Obradoiro de Dereitos Sociais
... e milleiros de soños máis!
QUE NECESITAMOS?
Precisamos a participación e a colaboración económica de todas aquelas persoas interesadas en que este proxecto comece a vivir. Para poder alugar o local e facer fronte ós gastos dende a autonomía, buscamos o apoio de xente afín á nosa filosofía. Este proxecto non ten ánimo de lucro, pero soas non somos quen de acadar o mínimo para botar a camiñar.
A nosa idea é que as persoas que queiran ser socias colaboradoras aporten 50€ ó ano. Deste xeito, asegurámonos ter unha base de xente apoiando que crean coma nós na importancia de imaxinar espazos de creación colectiva.
Crafty Lu
345 metros
Hoy descubrí este paraíso con forma de mercería en un rincón de Monte Alto. Entre lo...
Marea Atlántica
839 metros
Son un partido que se preocupa de todos los problemas de la ciudad a Pesar del menos...
La Ciudad del Mañana
2 km
¿Qué pasaría si viéramos nuestras ciudades con los ojos de los niños?... ¿y si los má...
Ateneo Libertario Xosé Tarrío
2 km
Traducido por Google El mejor lujar de tapas en A Coruña Original O mellor lujar de ...
Guerrilla dos Mallos
3 km
Traducido por Google Todo perfecto, el servicio muy amable y en esta tienda también p...
Cuerpo De Cristo La Coruña
3 km
Excelente mensaje de predicación Fortalece el espíritu y convoca a hacer cada vez más...
Espadela
3 km
Tienen una selección de cosas preciosas, de artesanía de aquí y otras culturas. Y un ...
Lanzadera A Coruña 2018
5 km
Somos un grupo heterogéneo que, trabajando en equipo, perseguimos un objetivo común: ...
Monte Xalo
18 km
O Monte Xalo é un enclave forestal case único na contorna da Coruña. Vive entre os co...
Carniceria Victor
40 km
Descubierta casualmente, la Carnicería Víctor nos ofreció un servicio ejemplar. Óptim...
Ricuras de carmen
42 km
Si quieres disfrutar de una estancia íntima y tranquila es un sitio perfecto. La caba...
Casa rural castiñeiro
42 km
Bar Carreira
47 km
Kalanchoe Daigremontiana
47 km
Venta de hojas frescas de Kalanchoe Daigremontiana de cultivo ecológico.Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad