Seguro que algunha vez te preguntaches que é o Talento e se ti tes algún.
Debes saber que a resposta é un SÍ rotundo e que nos che axudaremos a atopalo.
CEUVE é un equipo de profesionais cuxa finalidade é, en esencia, xestionar Talento.
Nacemos por e para as persoas, sabedores de que todas e cada unha delas o teñen, todos teñen, todos temos, TALENTO.
Entre os nosos cometidos están minimizar o impacto que supón para unha persoa perder o seu posto de traballo, ofrecéndolle o apoio, desde o minuto cero, dun equipo de profesionais -orientadores laborais, avogados, psicólogos, psiquiatras e xestores- que lle aporten tranquilidade e o guíen ao longo de todo o proceso que vai desde a perda dun posto de traballo, ate a incorporación a unha nova vacante.
Estamos aquí, asimesmo, para axudar ás PEMEs a incorporar profesionais con garantía de éxito, para que poidan formar aos seus traballadores e traballadoras sen incurrir en máis custos que os que xa teñen cada mes cando pagan os Seguros Sociais, para que xestionar a incorporación de persoal de plantilla ou de prácticas non sexa un martirio, etc. En definitiva: batallamos para facer das vosas vidas un lugar mellor.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad