Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).
depende da Secretaría Xeral de Medio Rural, da Consellería do Medio Rural e do Mar.
O CIAM realiza tamén unha difusión directa da Tecnoloxía desenvolvida a través dos Días de Campo, reunións específicas con sectores e grupos específicos (ovino, vacún, matadoiros e carniceiros, transformadores lácteos, sementistas etc.), visitas dos agricultores e alumnos de centros de ensino técnico ás fincas e laboratorios do CIAM, xuntanzas co Servizo de Extensión Agraria, charlas dos investigadores do CIAM aos técnicos e agricultores das cooperativas ou outras institucións que así o demandan.
Ten asinados varios convenios de colaboración con empresas de alimentación e nutrición, cooperativas de leite e de carne, empresas de produción de semente, e tamén coa Universidade de Santiago co obxectivo de desenvolver tecnoloxías que poidan ser utilizadas e comercializadas directamente polas entidades colaboradoras.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad