CLARA PINO (arpa celta / voz) e PABLO VIDAL (contrabaixo / producion) apostan neste proxecto, por unha simbiose entre a tradición e a vangarda que ten como obxectivo amosar o seu universo musical e literario.
"Nowhere" é o título que escollimos para este album. O termo acuñado por Marc Augé fai mención aos non lugares... aos lugares de tránsito... eses lugares que non son de ninguén. Con honestidade e voz propia, agardamos que nos tempos en que vivimos, a nosa proposta sexa un motivo máis para deterse e reflexionar.
NOWHERE é un album composto de música e literatura.
18 pistas repartidas en 9 textos é 9 CANCIÓNS intrínsecamente vencellados entre sí.
textos/CANCIÓNS
1. a primeira onda
2. NACÍN SOA
3. a nosa viaxe
4. PARA NON PENSAR EN TI
5. o lar
6. SAN SIMÓN
7. toquei fondo
8. O COLO DA LÚA
9. os non lugares
10. NOWHERE
11. a mentira
12. MAR ALCOLIZADO
13. a partida
14. PÓKER DE ASES
15. meu alimento
16. TI FAS QUE ME SINTA TAN ESPECIAL
17. a novena onda
18. MORTE LENTA
Poderiamos falar do Curriculum vitae de ambos membros desta formación:
Pablo Vidal e a súa ampla traxectoria musical: Pablo Vidal Trío, Os Resentidos, A Doce Vita, Sons Miúdos, así como colaboracións múltiples no panorama musical galego (Uxía Senlle, Sergio Tannus, Magín Blanco), a súa formación no “Ateneo Jazz Madrid” ou a labor como productor musical ("Jazz PAGANO" Tatán “chapeu”, "NOWHERE", etc.)
Clara Pino fixo as súas incursións profesionais no eido da música con Sete Saias, Loaira...pasando dunha educación clásica a unha aposta pola música tradicional que agora se transforma en música autoral.
Os dous autores apostan neste novo proxecto, por unha simbiose entre a música autoral e o coidado textual... facendo unha mistura interdisciplinar, que ten como obxectivo amosar o seu universo musical e literario. Para isto, soamente é preciso escoitar. Nada máis sinxelo.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad