Colexio Concertado, de carácter relixioso, do cal e titular a Congregación Salesiana.
Ofrece Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bachiller.
O pluralismo da nosa sociedade tradúcese nunha diversidade de escolas. O noso colexio, precisamente, é unha máis desas múltiples alternativas. Pero no medio desa diversidade case inabarcable só teremos razón de ser se os trazos propios da nosa proposta nos distinguen do resto. Por iso cremos importante preguntarnos como centro certas cuestións: que ten de propio e único o Colexio María Auxiliadora?, por que segue merecendo a pena, en pleno século XXI, unha oferta educativa como a nosa? As liñas que a continuación seguen pretenden dar resposta parcial a estes interrogantes.
En primeiro lugar podemos dicir que o noso colexio se caracteriza por tratarse dunha iniciativa privada sostida con fondos públicos (nos niveis de Infantil, Primaria e Secundaria: o Bacharelato queda fóra deste réxime concertado). Pero o verdadeiramente distintivo do noso centro é a súa proposta educativa: a nosa é unha escola cristiá que, ademais, se honra en recoñecerse como salesiana, o que supón unha determinada visión do feito educativo.
A proposta educativa dunha escola cristiá salesiana pódese sintetizar nos seguintes principios e criterios de actuación:
-Unha escola a tempo completo
-Unha escola cun estilo propio: o estilo salesiano
-Unha escola que evanxeliza ao mesmo tempo que ensina
-Unha escola que educa integralmente as persoas
Congregación Salesiana
"Colexio concertado de carácter relixioso, do cal é titular a Congregación Salesiana. Ofrece Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato."Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad