CALENDARIO ESCOLAR CURSO 12/13 INICIO DO CURSO ESCOLAR. E. Infantil e E. Primaria 12 de setembro. E. Secundaria 17 de setembro.
O Colexio Santiago Apóstol de Ponteareas comezou a súa andaina educativa alá polo ano 1945; momentos nos que nesta pequena vila non existía ningún Centro que se ocupase do Ensino Secundario.
Por iniciativa privada, en locales sinxelos, comezou unha oferta aberta aos alumnos/as do antigo Bacharelato, Estudos de Comercio (actualmente coñecidos por Empresariais) e Estudos de Maxisterio. Todos eles en réxime académico e, por conseguinte, pendentes de seren recoñecidos oficialmente mediante as correspondentes probas ás que eran sometidos nos Centros estatais.
Eran tempos difíciles dado que o traballo de todo un ano dependía da sorte duns intres, que ademais, estaban condicionados aos nervos propios da responsabilidade.
Así foron transcorrendo uns anos, ata que a Titularidade do Centro considerou necesario acada-lo recoñecemento oficial dos estudos que se impartían e, deste xeito, ter autonomía propia. Proxecto conseguido no ano 1970 e, a partires do cal, Ponteareas podía gabarse de dispor dun Centro coa clasificación de Recoñecido Elemental, condición esta que lle facultaba para poder imparti-los catro primeiros cursos do antigo Bacharelato de forma oficial sen te-la necesidade de revalida-los seus estudos con probas en Centros Oficiais.
Os promotores desta empresa, sempre polo ben dos seus alumnos/as, non se sentían satisfeitos dos logros obtidos ata entón, xa que, o problema dos estudos, seguía aínda sen resolverse na súa totalidade. Fixeron as xestións e adaptacións precisas para que o Recoñecemento englobase aos estudos Elemental e Superior.
Este logro foi publicado no BOE do 25 de setembro de 1972, co cal, os alumnos/as de Ponteareas, dispoñían dun Centro Educativo que lles facultaba para obte-lo Título de Bachiller Superior sen necesidade de térense que desprazar a zonas distantes da súa residencia.
Esta oferta educativa non afectou só aos alumnos/as de Ponteareas senón que foron moitísimos os que a diario viñan desde Arbo, As Neves, Salvaterra, Xinzo e outras zonas limítrofes a Ponteareas; outros pertencentes a zonas de Vigo, Baiona, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía, Fornelos de Montes, Ourense, Ribadavia,... que facían uso do servizo de internado ofertado tamén polo propio Centro.
Foron anos aqueles nos que moitos dos galegos se viron na obriga de emigrar a países fundamentalmente europeos e como consecuencia precisaban dun lugar onde os seus fillos estivesen protexidos e que ao mesmo tempo puideran cursar uns estudos e obter unha formación para o futuro. Naqueles anos, o número de alumnos internos do Centro chegou a 140 e que, a día de hoxe, moitos seguen a manifestar que foron os máis felices das súas vidas, os dos mellores recordos.
Como os alumnos ían aumentando, facíase necesaria a dotación de máis e mellores espazos para a docencia así como para a práctica deportiva. Todo isto, pouco a pouco e ano tras ano foise acadando.
A día de hoxe podemos falar de:
Un Centro cunha superficie de 9.800 m2 con catro edificios adicados á docencia e que acolle as diferentes dependencias:
26 aulas.
2 aulas de Informática configurando unha Intranet local e con conexión permanente a internet.
Pizarra Dixital en 11 aulas.
6 Aulas Abalar.
2 salas de Medios Audiovisuais ( vídeos, DVD ).
Laboratorios de Física e Ciencias.
Aula de Tecnoloxía, Debuxo, Música, Psicomotricidade, Ximnasio, Biblioteca, Sala de Profesores, Sala de Xuntas, Despachos, Cociña propia e Comedor Escolar con capacidade para 200 alumnos/as.
A nivel pedagóxico, está en continua innovación; boa proba disto é que desde fai uns anos estase a traballar na implantación do Modelo Europeo de Calidade baseado na Mellora Continua (Modelo EFQM de Calidade Total) para o que contamos co asesoramento e apoio do Instituto de Técnicas Educativas da CECE e o Clube Xestión de Calidade así como co asesoramento e colaboración da Xunta de Galicia.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad