Castroverde, pequena vila que dista da capital a uns 20 Km. Encóntrase no tramo que vai dende Lugo a Fonsagrada [LU-530]...Pasa o Camiño Primitivo de Santiago.
Castroverde, é unha pequena vila pertencente a provincia de Lugo, dista da capital a uns 21 km. Encóntrase no tramo que vai dende Lugo a Fonsagrada, en concreto a carretera LU-530. Limita con Lugo e o Corgo ao oeste, ao norte con Castro de Rei e Pol, ao leste con Baleira e ao sur limita con Baralla.
Actualmente o concello consta de 2.823 habitantes (2014) nas súas 37 parroquias, cunha idade media en torno aos 50 anos, os cales a maioría adícanse ao sector primario. A poboación foi diminuindo co paso dos anos, por exemplo en 1950, Castroverde tiña en torno aos 8.000 habitantes. Esto débese a que moita xenta marchou para a cidade.
O territorio constitúe unha zona de transición entre a meseta lucense e as Serras Orientais. Castroverde atópase en torno aos 600 m de altitude. Destaca a súa Serra do Miradeiro que con 1034 m de altitude é o punto máis alto do concello.
O clima é oceánico, con matices continentais. Invernos fríos con moitas xeadas, e temperaturas suaves no verán en torno a unha media de 18ºC.
____________________________________________
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad