Concello de Oroso www.concellooroso.com
www.oroso.gal
www.oroso.es
O concello de Oroso encóntrase no camiño da Coruña a Santiago. A estrada N-550 atravesa o termo de norte a sur. A capital municipal, Sigüeiro, encóntrase a 49 Km. da Coruña e a 11 de Santiago de Compostela.
O municipio de Oroso esténdese sobre unha superficie de 72,23 km2, ofercendo unha paisaxe rural sen apenas contrastes xeográficos. O monte Costa, de 329 metros, na parroquia de Trasmonte, e o Petón (375 metros), na de Senra, ambos o norte do municipio e no límite co de Ordes, son as máximas cotas que alcanza o relieve de Oroso. A partir delas o perfil orográfico, lixeiramente ondulado e sen fortes contrastes, vai descendendo ata as beiras do Tambre, que lle serve de límite polo sur. Na esquina suroeste, pouco despois de pasar baixo a ponte de Sigüeiro, o Lengüelle únese o Tambre. Os demais rios, como o Carboeiro, o Samo, o Cabrón ou o Maruzo, baixan en dirección norte-sur, formando variados e armoniosos vales.
O Municipio de Oroso engloba un total de 11 parroquias: Ánxeles, Calvente, Cardama, Deixebre, Gándara, Marzoa, Oroso, Pasarelos, Senra, Trasmonte, e Vilarromarís.
O Concello dos seis rios, visita as áreas recreativas, disfruta da Festa da Troita, os atractivos das súas parroquias, o deporte da pesca e outras actividades deportivas, a súa cultura. OROSO PARA VIVIR !!!
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad