Tomiño é un concello da Comarca do Baixo Miño (Pontevedra), situado á beira do río Miño, que o separa e ao mesmo tempo o une, a Portugal.
Tomiño é un municipio en pleno crecemento poboacional e desenvolvemento socio económico. Con 106 km.2 e case 14.000 habitantes, este concello basea a súa economía nos sectores da agricultura, fruticultura, viveirismo, empresas de produtos do campo e de servizos. Tomiño ademais goza dunha situación xeográfica privilexiada, próximo tanto a Portugal coma ao Sur de Pontevedra, ben comunicado e cun clima ideal. O concello ten unha serie de servizos municipais que o fan un lugar ideal para vivir, tales coma escola infantil, centro de día para maiores, centro para persoas con discapacidade, etc. Complementan a oferta do municipio una ampla axenda deportiva e de ocio, con rutas en canoa, bici ou a pé, e un importante patrimonio etnográfico e monumental, con impresionantes xacementos prehistóricos e edificacións románicas e de arquitectura militar (fortalezas) dignas de coñecer e disfrutar.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad