Concello de O Pino
O Pino atópase practicamente no centro de Galicia, ó sursueste da Provincia da Coruña (coordenadas 42º54'17N- 8º21'45O).
Ten unha extensión de 132,3 quilómetros cadrados, distribuídos en trece parroquias: Arca, Budiño, Castrofeito, Cebreiro, Cerceda, Gonzar, Lardeiros, Medín, Pastor, Pereira, O Pino, San Mamede e San Breixo de Ferreiros. O Pino forma parte da Comarca de Arzúa.
Limita ó norte con Frades e Oroso, ó sur con Touro e Boqueixón, ó leste con Arzúa e ó oeste con Santiago de Compostela.
O Pino é o municipio galego que conta con máis quilómetros do Camiño Francés a Santiago de Compostela, concretamente dezaoito, que atravesan as parroquias de San Breixo de Ferreiros, San Miguel de Cerceda, Santa Eulalia de Arca, San Miguel de Pereira e Santa María de Castrofeito.
Comeza o percorrido pola parroquia de San Breixo, nos lugares de Calzada e Calle, e avanza ata as inmediacións do aeroporto de Lavacolla, xa no Concello de Santiago de Compostela.
Agochados entre a vexetación, áchanse detalles que fan referencia ó culto xacobeo: fitos de pedra coas súas cunchas de vieira, ou incluso pequenos altares improvisados polos peregrinos en calquera estante natural. Paso a paso o camiñante vai descubrindo panorámicas vexetais conxugadas coas construccións e terreos de labranza que se distribúen por todo este municipio.
Puntos de especial interese son: a Ermida de Santa Irene coa súa fonte e a súa carballeira, os lugares de Calzada e Rúa coa súa fonte e o Pazo de Dúas Casas, as frondosas carballeiras que nos acompañan todo o tramo, áreas de descanso e albergues (Santa Irene e O Pedrouzo) para o descanso do peregrino.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad