Cordeiro e Cabrito Atlántico
Aquí atoparás como se cría, e como podes cociñar as nosas carnes Saudables, Sostibles e Próximas!
Saudable, Sostible e Próximo!
Somos un grupo de novos gandeiros, situados nos Concellos de Meira e Pol na provincia de Lugo, dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que dende ó 2007 ven apostando pola produción de cabrito e cordeiro de calidade.
As nosas ganderías caracterízanse polo aproveitamento dos nosos pastos, o benestar dos animais e o respecto polo noso contorno.
Beealia permítenos entregarche na túa casa a mellor carne, froito dunha crianza a base de leite materno e pasto. E esa é a clave que nos diferenza, os animais viven continuamente coas súas nais, en liberdade, gustando dos pastos.
Queremos levarche a carne producida nos nosos pastos á túa casa, sen máis o mellor do campo na túa mesa.
Cordeiro Atlántico
Cabrito Atlántico
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad