Páxina Oficial de Cruz Vermella na provincia da Coruña
Cruz Vermella traballa ao servizo das persoas máis desfavorecidas. O obxectivo é mellorar as condicións básicas de vida das persoas máis vulnerables para que poidan progresar por elas mesmas.
Desenvolvemos proxectos de repartición de alimentos e atención integral a familias en situación de crise, con especial atención á infancia e ás persoas maiores, e traballamos para mellorar a formación da poboación en xeral e a empregabilidade da mocidade, persoas inmigrantes, mulleres e parados de longa duración. A atención das emerxencias, a formación da poboación en cuestións socioeducativas e sociosanitarias e a sensibilización a través de campañas son os outros eixos que compoñen o noso traballo.
Colaboramos con institucións públicas, os servizos sociais e outras organizacións de acción social a través dunha rede de traballo formada por 15 sedes en toda a provincia, o que nos permite chegar tanto a zonas urbanas como rurais e estar cada vez máis preto das persoas.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad