Añadir
Política de privacidad
Términos de servicio
Contacto
Editar Empresa | Happy Go Running
Nombre para contacto (*):
Correo electrónico para contacto (*):
Nombre de Empresa (*):
Sobre Nosotros:
Sobre Nosotros Evento deportivo organizado pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo. Historia > Que é? A carreira/andaina HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo na que colaboran entidades como o Concello de Vigo, UNICEF, a Fundación Galega contra o Narcotráfico ou o Círculo Mercantil de Vigo. A carreira de 10 KM forma parte do Circuíto de Carreiras Populares RunRunVigo polo que as persoas participantes na HappyGoRunning - Cidade Universitaria quedarán inscritas automaticamente no circuíto. A andaina presenta un percorrido moi atractivo polos arredores do campus Lagoas-Marcosende no que un dos puntos de reunión será no miradoiro de Beade, dende onde se pode observar a Ría de Vigo, a cidade, a península do Morrazo, as Illas Cíes e, no caso de bo tempo, as Illas Ons. Podes atopar máis información e inscribirte no evento na web de www.championchipnorte.com > Quen pode participar? As inscricións están abertas a calquera persoa sen problemas de saúde* e nadas no ano 1997 ou anterior, no caso da carreira, ou no ano 2002 ou anterior, no caso da andaina. > Información xeral A IX edición da carreira a pé desenvolverase o vindeiro 26 de abril no Campus Lagoas - Marcosende e nela agárdase superar ás 800 persoas participantes. Este ano o circuíto da carreira mantense sen cambios respecto das últimas dúas edicións e consistirá en dúas voltas de 5 quilómetros. Hai dúas posibilidades de participación: 10K (dúas voltas ó circuíto) 5K (unha volta ó circuíto) Tamén nesta edición organizarase de xeito paralelo unha andaina de 10 km de lonxitude que transcorrerá polo entorno do Campus Universitario. > Prepara os 10 KM con nós: Contacta con atletismo@uvigo.es ou cos monitores das salas cardio-fitness dalgún dos 3 campus e axudarémosche a preparar a proba e contar con axuda técnica cualificada que necesitas. > Inscricións: As inscricións efectuaranse exclusivamente a través do enlace coa páxina de www.championchipnorte.com. O prazo estará aberto dende o 2 de marzo ata as 23:59 h do martes 21 de abril. > Taxas: Carreira 10-5km : - Comunidade universitaria Uvigo: 5 € (4 € de inscrición + 1 € solidario con UNICEF). - Outras persoas participantes: 7 € (6 € de inscrición + 1 solidario con UNICEF). Andaina - Persoas en xeral: 3 € Consulta os circuítos e os perfís da carreira a continuación > Límite de prazas - Carreira: 900 prazas. - Andaina: 200 prazas > Premios e trofeos: Os premios para as tres primeiras persoas da clasificación xeral tanto masculina como feminina serán en metálico e cos seguintes importes: 1º 400 € 2º 300 € 3º 200 € > Horarios: Andaina: 09.00 h - 09.30 h > Acreditación para a andaina: no Teatro Vidal Bolaño (Área Comercial do Campus Lagoas-Marcosende). 09:30 h > Saída da andaina: dende a Praza Miralles. Carreira: 9.30 h - 10.30 h > Acreditación e recollida de dorsais para a carreira: no Teatro Vidal Bolaño (Área Comercial do Campus Lagoas-Marcosende). 11:00 h > Saída da carreira: dende a Piscina Universitaria (CDU AQUA - Vigo). Entrega de premios e agasallos: ás 12:30 h no Teatro Vidal Bolaño. > Accesos e outra información de interese: Próximamente actualizaremos esta sección con toda a información sobre os horarios e os accesos ao campus, aparcadoiros, cortes de tráfico, agasallos, servizos de cafetería, comedor, ludoteca.
Teléfono (*):
Sitio web:
Email:
Horas laborales
lunes:
-
martes:
-
miércoles:
-
jueves:
-
viernes:
-
sábado:
-
domingo:
-
*** Marque la ubicación en el mapa
Latitud (*):
Longitud (*):
Estado (*):
Ciudad (*):
Dirección 1 (*):
Dirección 2:
Código postal:
Imagen:
Submit