Añadir
Política de privacidad
Términos de servicio
Contacto
Editar Empresa | TEGA Narón
Nombre para contacto (*):
Correo electrónico para contacto (*):
Nombre de Empresa (*):
Sobre Nosotros:
Sobre Nosotros Páxina oficial de TEGA Narón en Facebook. Terra Galega: Galicia, a nosa forza. Email Contacto: info@terragalega.org Historia Os principios ideolóxicos que han de rexer a acción política de Terra Galega son os seguintes: 1) TERRA GALEGA potenciará a identidade nacional de Galicia, definindo noso país como unha comunidade diferenciada que defenda os nosos intereses históricos, culturais, lingüísticos, económicos en pé de igualdade e equilibrio con outros pobos do Estado español, de Europa e do mundo. 2) TERRA GALEGA defínese como unha forza política democrática, galeguista, dentro do marco da Constitución e do Estatuto da Autonomía, na súa capacidade de unificar nunha soa dirección a forza máis xenuína dos pobos que se organizan dende abaixo, con plena conciencia de responsabilidade compartida. Centrista na búsqueda dos consensos. Progresista nos seus posicionamentos estratéxicos cara o desenvolvemento da nosa sociedade. 3) TERRA GALEGA é un partido que defende a autonomía local, no marco da cooperación e solidaridade para o desenvolvemento de Galicia. 4) TERRA GALEGA asume un concepto de ecoloxismo racional, moderno e imaxinativo que harmonice o progreso económico da nosa terra co mantemento da riqueza do medio natural galego e a calidade de vida dos nosos cidadáns e cidadás. 5) TERRA GALEGA defende as liberdades individuais e colectivas nunha sociedade inspirada nos valores da solidariedade e igualdade dos homes e mulleres con todos os dereitos ao traballo, educación, saúde, vivenda, e servizos sociais sen discriminacións ideolóxicas, sexistas, racistas ou de calquera outro tipo. 6) TERRA GALEGA outorga ao sector público galego peso prioritario en aspectos fundamentais para a sociedade galega,como a sanidade e a educación que deben orientarse á consecución dunha orde social máis xusta e solidaria para asegurar a todos os cidadáns unhas condicións de vida dignas. 7) TERRA GALEGA desexa implantar unha organización administrativa moderna e eficaz, que rompa a actual dicotomía inxusta entre a Galicia urbana e a rural, de comarcas prósperas e pobres que marcan diferenzas que compre superar. 8) TERRA GALEGA aposta por vertebrar unha sociedade de economía produtiva e competitiva, sostible, que incentive o esforzo e a creatividade para xerar riqueza e emprego, consolidando un entorno fiscal e laboral que favoreza novas iniciativas empresariais e da defensa das xustas reivindicacións dos traballadores/as e desenvolvemento das que existen para consolidar e fortalecer o estado do benestar. 9) TERRA GALEGA traballa por unha sociedade máis xusta, solidaria e libre entendendo a política coma un exercicio de servizo as persoas.
Teléfono (*):
Sitio web:
Email:
Horas laborales
lunes:
-
martes:
-
miércoles:
-
jueves:
-
viernes:
-
sábado:
-
domingo:
-
*** Marque la ubicación en el mapa
Latitud (*):
Longitud (*):
Estado (*):
Ciudad (*):
Dirección 1 (*):
Dirección 2:
Código postal:
Imagen:
Submit