Añadir
Política de privacidad
Términos de servicio
Contacto
Editar Empresa | AXNA - Arteixo
Nombre para contacto (*):
Correo electrónico para contacto (*):
Nombre de Empresa (*):
Sobre Nosotros:
Sobre Nosotros AGRUPACIÓN XUVENIL DO NÚCLEO DE ARTEIXO - Agrupación xuvenil que nace das mans da "Asociación de Veciños do Núcleo de Arteixo" (AVNA). Historia AXNA é unha agrupación creada e desenvolta por un grupo de xoves da comunidade veciñal do municipio de Arteixo - A Coruña, quen perocupados polo futuro da sociedade xuvenil, procuran desde a proposta e a realización de actividades no ámbito local, a concienciación desde o ocio, así como o avance e a mellora dun futuro elaborado polo traballo e o esforzo persoal que poida aportar cada persoa ao noso grupo. Nós como integrantes buscamos a movilización da xente xove e o facer que eles mesmos sexan capaces de lograr moralmente pensamentos elaborados e argumentados de crítica sobre os diversos intereses persoais que lles poida preocupar, profundizando, por exemplo, na información mediática e na utilización desta como manipulación do noso hoxe. O noso ideario está basado na abstención de ideoloxías políticas ou relixiosas, non pertencemos a ninguén, insistimos unicamente na importancia das ideas constructivas e o levalas a cabo para que así non nos sintamos vacíos como seres humanos. AXNA constitúena un grupo de adolescentes en busca dun cambio nos costumes xuvenis da contemporaneidade, onde maior e xenericamente abundan o desleixo, o pasotismo e a ausencia de opinións persoais, influenciados indirectamente polas políticas que actualmente nos conducen ao absoluto desastre; por eso nós, como participantes da "Agrupación Xuvenil do Núcleo de Arteixo", propoñemos iniciativas desde a xuventude que fagan revivir aos adolescentes desta era, e tamén mellorar a calidade de vida non soamente dos xoves da nosa xeración, senón tamén das futuras, quen merecen ter acceso ás vantaxes culturais, educativas, deportivas, medioambientais, etc, dunha nación democrática como é a sociedade española. "A desorientación da miña xeración ten a súa explicación na dirección da nosa educación, cuxa idealización da acción era: sen discusión!". - Oliverio Girondo.
Teléfono (*):
Sitio web:
Email:
Horas laborales
lunes:
-
martes:
-
miércoles:
-
jueves:
-
viernes:
-
sábado:
-
domingo:
-
*** Marque la ubicación en el mapa
Latitud (*):
Longitud (*):
Estado (*):
Ciudad (*):
Dirección 1 (*):
Dirección 2:
Código postal:
Imagen:
Submit