Añadir
Política de privacidad
Términos de servicio
Contacto
Editar Empresa | Clara Pino & Pablo Vidal
Nombre para contacto (*):
Correo electrónico para contacto (*):
Nombre de Empresa (*):
Sobre Nosotros:
Sobre Nosotros CLARA PINO (arpa celta / voz) e PABLO VIDAL (contrabaixo / producion) apostan neste proxecto, por unha simbiose entre a tradición e a vangarda que ten como obxectivo amosar o seu universo musical e literario. Historia "Nowhere" é o título que escollimos para este album. O termo acuñado por Marc Augé fai mención aos non lugares... aos lugares de tránsito... eses lugares que non son de ninguén. Con honestidade e voz propia, agardamos que nos tempos en que vivimos, a nosa proposta sexa un motivo máis para deterse e reflexionar. NOWHERE é un album composto de música e literatura. 18 pistas repartidas en 9 textos é 9 CANCIÓNS intrínsecamente vencellados entre sí. textos/CANCIÓNS 1. a primeira onda 2. NACÍN SOA 3. a nosa viaxe 4. PARA NON PENSAR EN TI 5. o lar 6. SAN SIMÓN 7. toquei fondo 8. O COLO DA LÚA 9. os non lugares 10. NOWHERE 11. a mentira 12. MAR ALCOLIZADO 13. a partida 14. PÓKER DE ASES 15. meu alimento 16. TI FAS QUE ME SINTA TAN ESPECIAL 17. a novena onda 18. MORTE LENTA Poderiamos falar do Curriculum vitae de ambos membros desta formación: Pablo Vidal e a súa ampla traxectoria musical: Pablo Vidal Trío, Os Resentidos, A Doce Vita, Sons Miúdos, así como colaboracións múltiples no panorama musical galego (Uxía Senlle, Sergio Tannus, Magín Blanco), a súa formación no “Ateneo Jazz Madrid” ou a labor como productor musical ("Jazz PAGANO" Tatán “chapeu”, "NOWHERE", etc.) Clara Pino fixo as súas incursións profesionais no eido da música con Sete Saias, Loaira...pasando dunha educación clásica a unha aposta pola música tradicional que agora se transforma en música autoral. Os dous autores apostan neste novo proxecto, por unha simbiose entre a música autoral e o coidado textual... facendo unha mistura interdisciplinar, que ten como obxectivo amosar o seu universo musical e literario. Para isto, soamente é preciso escoitar. Nada máis sinxelo.
Teléfono (*):
Sitio web:
Email:
Horas laborales
lunes:
-
martes:
-
miércoles:
-
jueves:
-
viernes:
-
sábado:
-
domingo:
-
*** Marque la ubicación en el mapa
Latitud (*):
Longitud (*):
Estado (*):
Ciudad (*):
Dirección 1 (*):
Dirección 2:
Código postal:
Imagen:
Submit