Añadir
Política de privacidad
Términos de servicio
Contacto
Editar Empresa | As Ninochas
Nombre para contacto (*):
Correo electrónico para contacto (*):
Nombre de Empresa (*):
Sobre Nosotros:
Sobre Nosotros As Ninochas somos unha empresa familiar que leva máis de trinta anos facendo roscóns e doces ó xeito tradicional, ofrecendo un sabor auténtico que se remonta a décadas atrás cando todo se facía na casa. Historia Botando man das receitas máis antigas, nas Ninochas poderás atopar unha moi boa alternativa á pastelaría industrial; doces caseiros, coma os da avoa... doces artesáns de calidade, sabores auténticos nos que se distingue no padal cada un dos ingredientes empregados. A filosofía das Ninochas é a de apostar pola calidade en cada un dos nosos produtos, por iso na súa elaboración empregamos ingredientes naturais básicos como ovos, azucre, fariña ou manteiga, cos que facemos desde un simple biscoito ata unha crema pasteleira. No noso obradoiro poderás atopar: Roscón O doce máis solicitado. Amasado con ovos, azucre, manteiga, anís... feito á man e levedado en tres tempos coma antigamente, o noso roscón de textura e sabor enxebres, é sempre o favorito; tanto para o consumo autóctono como para achegar un saboriño do país a quen está fóra. O roscón das Ninochas é reclamado en diversos lugares do territorio peninsular (Euskadi, Asturies, Cantabria, Catalunya, Illas Canarias, Andorra, Illes Balears..) e do internacional coma Casablanca, Arxentina ou Nova York. Magdalenas da Ninocha Pequenas porcións abiscoitadas, tan esponxadas e suaves que triunfan en todos os almorzos e sorprenden en cada merenda. Empanada de mazá Un dos doces máis típicos nas casas do Morrazo. A pegada de manteiga e anís na masa combina á perfección coa mazá do recheo, resultando unha empanada moi substanciosa e sabedeira. Biscoito glass Húmido biscoito para degustar só... cuberto de azucre moído cunha refrescante sorpresa de mazá no interior..! Bola de nata Unha vez montada a nata, incorporámoslla ó proceso de amasado, resultando un biscoito que presenta finura e suavidade unha vez forneado. Biscoito integral Elaborado con fariña integral e azucre de caña... unha exquisita alternativa no consumo de fibra. Biscoito mármore Dúas cores, dous sabores!! Unha metade cun toque de canela, a outra con chocolate puro. Torta de améndoa Para os amantes da améndoa e do sabor enxebre. Torta de Santiago Suave sabor a améndoa en textura abiscoitada. Torta de Allariz Intenso sabor a améndoa no padal, suavizado cunha base de masa de follado, o equilibrio perfecto. Espelliños Suaves pastas de manteiga fina cun sabor único e orixinal, queres descubrir un sabor completamente novo? (aptas para celíacos) Manguito Biscoito moi esponxado e suave que require do seu propio molde (o tradicional de Pontedeume) para a súa elaboración. Queique de Ordes Exquisito biscoito de manteiga e uvas pasas de sabor tradicional. Queique de noces, torta de queixo ó forno, torta de mazá ó descuberto, bica de manteiga, biscoitos de iogur ou manteiga fina son outras variedades que elaboramos e disfrutamos nas Ninochas. Non esquezas as coñecidas tortas para celebracións que poderás combinar ó teu gusto entre nata montada, trufa, moka, xema torrada, crema pastelera, chocolate, froitas etc. e os nosos "brazos de xitano"
Teléfono (*):
Sitio web:
Email:
Horas laborales
lunes:
-
martes:
-
miércoles:
-
jueves:
-
viernes:
-
sábado:
-
domingo:
-
*** Marque la ubicación en el mapa
Latitud (*):
Longitud (*):
Estado (*):
Ciudad (*):
Dirección 1 (*):
Dirección 2:
Código postal:
Imagen:
Submit