Añadir
Política de privacidad
Términos de servicio
Contacto
Editar Empresa | Inquedanzas Sonoras
Nombre para contacto (*):
Correo electrónico para contacto (*):
Nombre de Empresa (*):
Sobre Nosotros:
Sobre Nosotros Toda a música galega na nosa páxina web: http://www.inquedanzas.com/ Historia Somos unha empresa adicada á edición, distribución, comunicación e management de música galega e tamén da feita en Galicia. Despois dunha longa traxectoria no eido da edición e distribución, non queremos deixar de insistir nesta labor por moitas trabas que se nos presenten no camiño, a nosa crenza no incalculable valor cultural de Galicia e nas posibilidades de converter esta nun medio de vida, vai ser a motivación xunto ás experiencias recollidas ao longo dos anos; (positivas+) e (negativas-) son as que farán funcionar o motor para traballar contra vento e marea nun océano de perigosas correntes, pero que de seguro atoparemos as que nos han levar a bo porto. Abordamos esta nova etapa comezada fai pouco máis de dous anos ao xeito convencional, como o aprendemos, vendendo discos, nun tempo en que a música tiña un valor máis alá do simple consumo; a música galega ten ese valor engadido, é musica viva, sexa folk, tradicional, rock… ten o enraizamento do noso, da creatividade dun pobo. A nosa estrutura de empresa é; por unha banda o traballo de distribución por xunto (almacenista), e mediante esta web, servimos pedidos ao público en xeral que o demande, atendendo de este xeito a quen queira mercar música en formato físico e non teña preto un punto de venta. Por suposto non deixaremos de mirar as novas tendencias no gozo da música, como o xa implantado formato dixital. Por outra banda pero directamente ligada á distribución son as producións propias, as apostas persoais de Inquedanzas Sonoras. Tamén a axuda ás apostas particulares dos Artistas, escoitando as súas inquedanzas e propoñendo solucións de xestión na produción, edición e comunicación, mantendo deste xeito o total control e responsabilidade do seu propio traballo; as chamadas auto-edicións. Coñecendo as dificultades que temos neste maremagnun de “culturas interesadas”, e onde o propio tan pouco se estima, estaremos dispostos a pelexar por unha actividade produtiva e sostible sin ningún tipo de ataduras, excepto as dos nosos artistas e as dos seus seguidores, aos cales nos debemos. Agradecendo a vosa visita. Benvidos a Inquedanzas Sonoras.
Teléfono (*):
Sitio web:
Email:
Horas laborales
lunes:
-
martes:
-
miércoles:
-
jueves:
-
viernes:
-
sábado:
-
domingo:
-
*** Marque la ubicación en el mapa
Latitud (*):
Longitud (*):
Estado (*):
Ciudad (*):
Dirección 1 (*):
Dirección 2:
Código postal:
Imagen:
Submit