Añadir
Política de privacidad
Términos de servicio
Contacto
Editar Empresa | GALP Costa da Morte
Nombre para contacto (*):
Correo electrónico para contacto (*):
Nombre de Empresa (*):
Sobre Nosotros:
Sobre Nosotros Axudas Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020 Ámbito territorial del GALP Costa da MORTE: A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía. Historia As labores dos GALP Os GALP teñen que liderar as accións, fomentando a participación activa das organizacións representativas dos diversos sectores. Participación que é a clave do éxito destas accións, xa que garanten o acerto das decisións que se adopten, por canto se coñecerán con detalle cales son as necesidades concretas en cada área. As accións permitirán ademais do desenvolvemento local e o fortalecemento da capacidade organizativa do sector pesqueiro, a estimulación da innovación e unha diversificación para os profesionais do mar, buscando a continuidade e estabilidade sostible, isto é, máis aló da existencia dos fondos. A grandes liñas, o seu labor será: Integrar todos os colectivos posibles dos sectores pesqueiro, social, económico e público. Dinamizar e desenvolver as accións previstas para cada zona, dende unha perspectiva zonal de desenvolvemento socioeconómico. Elaborar un Plan Estratéxico Zonal (PEZ) Misión Unha mellora de condicións Un dos obxectivos prioritarios do Eixe 4 é mellorar o traballo no sector pesqueiro, incentivando a diversificación económica, reorientando os investimentos cara ao sector turístico-pesqueiro, cultural, ambiental, etc. O obxectivo será manter a poboación nestas rexións (fomentando a substitución xeracional) e lograr con iso a sostibilidade económica a longo prazo. A diversificación económica permitirá mellorar as taxas de crecemento económico e emprego destas zonas e aumentará a capacidade de elección dos traballadores á hora de buscar novas fontes de ingresos. O plan de actuación Esta estratexia baséase no fomento de actividades económicas alternativas, como as actividades turístico-pesqueiras (nas que hai que actuar para facilitar a súa posta en marcha e funcionamento por parte das organizacións pesqueiras) e a potenciación das políticas coordinadas sobre turismo e medio natural, así como outras actividades que permitan a diversificación do sector. Para alcanzar niveis adecuados de desenvolvemento social tamén é necesaria a mellora dos sistemas que promovan a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a promoción da pluriactividade dos pescadores, mediante a creación de empregos adicionais fóra do sector pesqueiro a tempo completo ou a tempo parcial e o desenvolvemento de infraestruturas e servizos para un turismo sostible. Levaranse a cabo actuacións para cumprir outros obxectivos como a interrelación da pesca profesional, a deportiva e a recreativa ou o desenvolvemento de infraestruturas para un turismo sostible relacionado co sector Diversificación das actividades Como obxectivo singular proponse así mesmo desenvolver diversas colaboracións científicas e a creación de liñas específicas de I+D+i orientadas á diversificación das actividades económicas que partan das propias zonas en declive. Existe tamén a necesidade de elaborar estudos sobre a capacidade de carga turística do litoral e dos espazos naturais protexidos para garantir a conservación do patrimonio natural, cultural e histórico destas zonas. Productos ¿Quén forma Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro da Costa da Morte? Un GALP é un grupo de entidades sen ánimo de lucro de carácter supramunicipal de cooperación e compromiso. Está formado por distintos axentes tanto públicos como privados da zona, con especial protagonismo dos pertencentes e relacionados co mundo pesqueiro.
Teléfono (*):
Sitio web:
Email:
Horas laborales
lunes:
-
martes:
-
miércoles:
-
jueves:
-
viernes:
-
sábado:
-
domingo:
-
*** Marque la ubicación en el mapa
Latitud (*):
Longitud (*):
Estado (*):
Ciudad (*):
Dirección 1 (*):
Dirección 2:
Código postal:
Imagen:
Submit