Añadir
Política de privacidad
Términos de servicio
Contacto
Editar Empresa | Carpintería Rebordelo
Nombre para contacto (*):
Correo electrónico para contacto (*):
Nombre de Empresa (*):
Sobre Nosotros:
Historia Carpintería Rebordelo, S.C. xorde da transformación dun pequeno taller familiar de carpintería e ebanistería asentado no lugar de Rebordelo, na comarca de Muros. Con máis de 40 anos de tradición no traballo da madeira, apostamos por ofrecer un produto de gran calidade e detalle no acabado, buscando sempre o maior grado de satisfacción do cliente. Nos últimos 15 anos especializámonos no eido da rehabilitación, desenvolvendo numerosos proxectos de renovación en cascos históricos, coma o de Muros ou Santiago de Compostela. Colaboramos con arquitectos e equipos técnicos altamente cualificados e moi esixentes, e así foi -e continúa sendo- como adquirimos coñecemento e experiencia na construción, rehabilitación e restauración de estruturas, tarimas, cubertas, escaleiras, portas, ventás, etc. Tamén nos enfocamos cara a restauración de moble antigo e a fabricación de mobiliario a medida, con deseños propios ou personalizados en colaboración co cliente . Traballamos toda clase de madeiras, e valoramos e defendemos este material como elemento natural que brinda numerosas vantaxes á sociedade, que aporta enerxía, calidez, armonía, que é indispensable na construción e que empregado e xestionado de forma eficiente nos asegura un futuro sostible. Contamos cos medios necesarios e cun equipo profesional capacitado para desenvolver con éxito calquera proxecto. Somos optimistas nese sentido, xa que sempre fomos quen de levar a bo fin todas as encargas, en prazo e cun nivel de calidade moi elevado. Nunca deixamos de innovar, mellorando as nosas instalacións, ferramentas e equipos para adaptarnos ás necesidades de cada proxecto; incorporando novos materiais e sistemas construtivos; formándonos para aplicar novas técnicas, etc. En 2014 abrimos a nosa web e a páxina de facebook. Actualmente estamos traballando en diversos proxectos de construción integral en madeira, porque consideramos que é o material máis axeitado para unha construción duradeira, enerxéticamente eficiente, sostible e saudable.
Teléfono (*):
Sitio web:
Email:
Horas laborales
lunes:
-
martes:
-
miércoles:
-
jueves:
-
viernes:
-
sábado:
-
domingo:
-
*** Marque la ubicación en el mapa
Latitud (*):
Longitud (*):
Estado (*):
Ciudad (*):
Dirección 1 (*):
Dirección 2:
Código postal:
Imagen:
Submit