Añadir
Política de privacidad
Términos de servicio
Contacto
Editar Empresa | Cucurujú Aloxamento
Nombre para contacto (*):
Correo electrónico para contacto (*):
Nombre de Empresa (*):
Sobre Nosotros:
Sobre Nosotros Costa da Morte, Monte Pindo. Entre as pedras nas que se agochaban os "fuxidos" da Guerra Civil, fronte ao mar de Fisterra.Casa completa 6 persoas máximo. Historia Antiga casa de pescadores, de máis de cen anos, rehabilitada no 2016. Consta de 3 dormitorios dobres e independentes, 3 baños completos, salón, cociña, terraza e xardín con barbacoa. Está no Monte Pindo, entre a Cascada do Ézaro e a praia de Carnota, na Costa da Morte, preto de Fisterra, Muros, Corcubión, Cee ou Muxía. A pouco máis dunha hora en coche de Santiago ou A Coruña. O Cucurujú está construído coa pedra do monte Pindo. Está ubicada entre as rochas e as furnas máis próximas ao Pindo, nas primeiras nas que se agochaban os "fuxidos" da Guerra Civi, que escapaban da Garda Civil que acodía a reclutalos. Está a cen metros do mar, xunto ao porto mariñeiro do Pindo. Desde o sofá pódense ver os pequenos pesqueiros, que faenan ao redor do Cabo de fisterra e tamén os barcos máis grandes, cargueiros, que van ao porto de Brens, na ría de Corcubión. O Cucurujú foi bautizado así polos veciños hai máis de cen anos porque a ubicación elevada da vivenda, no alto do Pindo, semella a dun pombal. "cucujurú" lembra o son constante e repetitivo que emiten as pombas. A casa ten grandes cristaleiras, que a enchen de luz, sol e luminosidade durante todo o día. A casa foi restaurada con materiais modernos e de gran calidade. Está equipada con todos os servizos. Ten calefacción por aerotermia, lavapratos, microondas, secador de pelo, lavadora... Ubicación moi tranquila xa que non pasan coches por diante. O acceso é a pé, a través dun camiño que discorre entre casas típicas da zona e unhas escaleiras rústicas. A subida ten a súa recompensa porque as vistas desde o cucurujú son únicas. Pola parte de diante temos o mar e, pola parte traseira, o monte e as rochas do Pindo, cada unha cunha forma diferente e característica. Acceso directo desde a casa ao camiño do Monte Pindo. O Cucurujú pode ser un dos mellores lugares para unha estancia relaxada, pausada, íntima e con certo ton contemplativo, sen deixar de lado a súa ubicación, no corazón da Costa da Morte, onde a gastronomía e as praias son, para moitos, das mellores do mundo.
Teléfono (*):
Sitio web:
Email:
Horas laborales
lunes:
-
martes:
-
miércoles:
-
jueves:
-
viernes:
-
sábado:
-
domingo:
-
*** Marque la ubicación en el mapa
Latitud (*):
Longitud (*):
Estado (*):
Ciudad (*):
Dirección 1 (*):
Dirección 2:
Código postal:
Imagen:
Submit