Añadir
Política de privacidad
Términos de servicio
Contacto
Editar Empresa | Escola de Música Municipal de Muros
Nombre para contacto (*):
Correo electrónico para contacto (*):
Nombre de Empresa (*):
Sobre Nosotros:
Historia En Xaneiro do ano 2000 o Concello de Muros puxo en funcionamento unha Escola de Música, de ámbito municipal e atendendo ás finalidades, obxectivos, ensinanzas e condicións establecidas na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 11 de Marzo de 1.993, pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia. Dende aquela ven funcionando de xeito ininterrompido, aínda que mellorando as súas instalacións e ampliando o número de especialidades que se ofertan. Por orde do 9 de abril do ano 2007 obtén autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para ser incluída no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia. Misión ÁREA DE MÚSICA E MOVEMENTO O Área de Música e Movemento está deseñada para asentar no alumnado coñecementos musicais elementais e imprescindibles para o seu desenrolo musical. Mediante unha metodoloxía musical moderna resolvese o problema da incapacidade sonora e rítmica, mediante exercicios de entoación e ximnasia rítmica musical. Trátase de entender, con un tratamento pedagóxico, , o descubrimento e desenrolo das capacidades expresivas musicais: instinto rítmico, a audición, danza, etc.; así como as capacidades motrices que permitirán posteriormente a elección dun instrumento. Dirixida a alumnos de 4 a 8 anos. Divídese en dous ciclos: •INICIACIÓN : para alumnos de 4 a 6 anos. Dous anos de duración. •FORMACIÓN BÁSICA: para alumnos e 6 a 8 anos. Dous anos de duración. Constan de dúas clases semanais, en grupo, de unha hora de duración, en grupos de ata 15 alumnos. Tódolos alumnos desta área, terán a posibilidade de iniciarse na práctica instrumental de algunha das especialidades que a escola presente para esta área. A idade mínima de ingreso serán de catro anos cumpridos, ou a cumprir durante o primeiro trimestre do curso académico (antes de finalizar decembro). •Contémplase a posibilidade de integrar nenos con necesidades educativas especiais, para o cal programase unha entrevista inicial cos pais para determinar o nivel de desenrolo do alumno. Atendendo ó mesmo, e non a idade cronolóxica, adxudicaráselle un grupo. No caso de que o profesor observe unha marcada diferenza madurativa con respecto ó grupo, o alumno poderá permanecer nesta área unha vez cumprida a idade de oito anos. Obxetivos xerais •Comprender e aplicar conceptos elementos básicos moi sinxelos da linguaxe musical mediante a voz, o corpo e os instrumentos. •Coñecer os distintos estilos de música: infantil, popular, folclórica, clásica, moderna,… •Coñecer, utilizar e controlar a voz como instrumento de representación e comunicación musical, educando de forma correcta a voz do neno: dicción, entoación, emisión, respiración, relaxación, tesitura, apoio, etc.. •Utilizar o corpo como medio de expresión tanto en movemento libre como organizado: danzas e coreografías sinxelas. •Acada flexiblidade coordinación e precisión rítmica tanto instrumental como corporal. •Traballar mediante o movemento dos distintos elementos da música (ritmo, melodía, armonía e forma) e as calidades do son. •Recoñecer a forma visual e auditiva dos distintos instrumentos da orquestra, de percusión determinada e indeterminada así como os que poidan utilizar outro tipo de agrupacións musicais. PRÁCTICA INSTRUMENTAL ÁREA XERAL (Dirixida a nenos/as a partir de 8 anos e adultos). Especialidades Instrumentais: Piano, Frauta traveseira, Clarinete, Saxofón, Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo, Guitarra española, Canto e tódalas que posteriormente se instauren. ÁREA DE MÚSICA TRADICIONAL: Adicada a difusión, mantemento e recuperación da cultura musical galega, coidando en todo momento a utilización de fontes fidedignas de repertorio tradicional que avalen ese fin. Especialidades Instrumentais: Gaita Galega, Percusión (Bombo, Tamboril, etc.), Acordeón, Frauta dulce. ÁREA DE MÚSICA MODERNA E JAZZ: Baseada na interpretación grupal por diversos instrumentos aplicada os estilos específicos da Área. Especialidades Instrumentais: Guitarra eléctrica, Baixo eléctrico, Teclado, Batería. MÚSICA EDUCACIÓN ESPECIAL: Dirixida a alumnos con necesidades educativas especiais.
Teléfono (*):
Sitio web:
Email:
Horas laborales
lunes:
-
martes:
-
miércoles:
-
jueves:
-
viernes:
-
sábado:
-
domingo:
-
+
−
©
OpenStreetMap
contributors
*** Marque la ubicación en el mapa
Latitud (*):
Longitud (*):
Estado (*):
Ciudad (*):
Dirección 1 (*):
Dirección 2:
Código postal:
Calle San Xosé, 15250, Muros,
Imagen:
Submit