Añadir
Política de privacidad
Términos de servicio
Contacto
Editar Empresa | Asociación Vacaloura Santuario Animal
Nombre para contacto (*):
Correo electrónico para contacto (*):
Nombre de Empresa (*):
Sobre Nosotros:
Sobre Nosotros Estamos en Santiago de Compostela, Galiza. Temos como obxectivo o rescate de animais non humanos e a difusión do veganismo. Contacto: 633419868 Historia Vacaloura é outro mundo posible. Un mundo no que ninguén sexa discriminado por cuestións de raza, especie, sexo, orientación sexual... Un mundo onde as persoas non esquezamos que tamén somos animais, e polo tanto, respectemos a tódolos individuos sentintes do planeta, tendo en conta as súas ganas de vivir, de disfrutar e de non ser prexudicados. Porque no que importa tod@s somos iguais. Cremos que a vía para chegar ó mundo Vacaloura é o veganismo, cando deixemos de empregar ós demais ó noso antollo (como entretemento, comida, vestimenta,...), poderemos comezar a falar de igualdade, de respecto. Como consideramos que as persoas tamén somos animais, e temos capacidade de sentir, tamén estamos en contra da discriminación e explotación humanas. Vacaloura, Santuario Animal, nace en 2013 coma un espazo de difusión e recuperación de vidas. Acollemos animais de calquera especie sempre e cando poidamos darlles unha vida digna. Achegamos as súas historias, as súas horas baixas e ás súas alegrías, para quen queira coñecer ós animais dende outro punto de vista, lonxe do que nos ensinan (a galiña dá ovos, a vaca leite, a ovella la...) que vai rompendo pouco a pouco coa visión que tiñamos de nen@s: “os animais son amigos”. Se vos asomades á fiestra de Vacaloura descubriredes animais cargados de emocións, alegres, tristes, con ganas de recibir amor, con ganas de dalo, pero ante todo e sobre todo, coa necesidade de ser respectados. Podemos vivir sen danar a outr@s e imos demostralo. A través dos nosos cursos de cociña, de elaboración de produtos de cosmética, de limpeza, das nosas receitas, etc coñecerás outra forma de vivir que axudará a que outr@s tamén poidan facelo. Pero para que Vacaloura sexa posible, necesitamos do teu compromiso. Podes axudarnos de diferentes formas, a máis importante, deixando de empregar ós animais no teu beneficio, se queres, podemos axudarche a da-lo paso, ponte en contacto con nós. Pero, ademais: ♥ sendo soci@: por unha pequena cuota mínima de 5 euros mensuais podes axudarnos a seguir en pé de loita ♥ sendo pa/madriñ@: comprométendote cun dos nosos habitantes e os gastos que xera, a partir de 10 euros ó mes podes axudarnos na súa manutención ♥ doando cousas que precisemos: dende gasas, menciñas, a materiais de construción, e incluso cousas que teñas por casa que xa non precises para que poidamos vendelas en mercados solidarios ♥ realizando actividades para sacar fondos, dende concertos a talleres, pasando polo que se che ocorra, sempre que sexan actividades que non impliquen sufrimento nin explotación animal ♥ sendo voluntari@, ofrecendo o teu traballo: limpeza, construción,... ♥ cedéndonos un terreo, para que poidamos seguir aumentando o número de vidas salvadas da explotación e o abandono ou un vehículo vello, tan necesario para as visitas veterinarias, compra de comida para os habitantes,... Impressum O Santuario Animal Vacaloura, situado en Santiago de Compostela, naceu no 2013 para acoller animais de todas as especies, sempre e cando se lles poida dar unha vida digna, e para difundir o antiespecismo e o veganismo, dende unha perspectiva interseccional. Todes es habitantes de Vacaloura deixan atrás historias de maltrato, de explotación e de abandono. En Vacaloura lóitase para que os animais non humanos recuperen a saúde, a tranquilidade e poidan vivir en paz.
Teléfono (*):
Sitio web:
Email:
Horas laborales
lunes:
-
martes:
-
miércoles:
-
jueves:
-
viernes:
-
sábado:
-
domingo:
-
*** Marque la ubicación en el mapa
Latitud (*):
Longitud (*):
Estado (*):
Ciudad (*):
Dirección 1 (*):
Dirección 2:
Código postal:
Imagen:
Submit