Añadir
Política de privacidad
Términos de servicio
Contacto
Editar Empresa | Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Nombre para contacto (*):
Correo electrónico para contacto (*):
Nombre de Empresa (*):
Sobre Nosotros:
Sobre Nosotros A Biblioteca Ánxel Casal é a biblioteca pública do Estado en Santiago de Compostela. Os principais servizos que oferta son a información, a formación e a promoción da cultura. Oferta tamén un espazo de ocio e participación cidadá. Historia A Biblioteca pública de Santiago Ánxel Casal ábrese para cubrir as necesidades básicas de información e cultura de tódolos usuarios e usuarias. Con esta páxina pretendemos chegar a máis público e dun xeito máis áxil que a través do portal web, difundir as nosas actividades, as novas relacionadas coa biblioteca e o relativo á cultura e ás bibliotecas da nosa comunidade de interese para os nosos seguidores e seguidoras. Os servizos que ofertamos na bibliotecas son os seguintes: * Lectura na sala e consulta de materiais especiais Este servizo ofrécese de maneira simultánea en distintas salas da biblioteca. As salas distribúense da seguinte maneira: -Hemeroteca, Fondo local e bedeteca (andar baixo) -Sala Infantil (1º andar) -Linguas, literatura, viaxes, música, cine e audiovisuais (2 andar) -Libros informativos (3º andar) Os materiais obxecto de consulta van dende obras de referencia ata documentos específicos das distintas áreas do coñecemento, e en diversos formatos —libros, CD, CD-ROM, DVD, Blu-Ray, revistas, prensa, etc. * Préstamo A Biblioteca ofrece varias posibilidades de préstamo: -Préstamo a domicilio individual -Préstamo colectivo a entidades -Préstamo interbibliotecario Levámosche os préstamos a casa! --- Préstamo de portátiles Poñemos á disposición dos usuarios adultos 10 portátiles con todos os periféricos que precisen: rato, lector/gravadora de cd/dvd, lector de tarxetas, lector de DNI-e ... A normativa de prestámo pode consultarse na seguinte ligazón: http://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/servizos/servizo-de-prestamo ---Préstamo de ebooks a través da plataforma GaliciaLe GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato. Proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas. Hai dous catálogos: o do libro electrónico en galego” e o do libro electrónico en castelán. Os libros incluídos nestas dúas contornas poden lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos. Pregunta na biblioteca ou infórmate na páxina http://www.galiciale.gal * Biblioteca Accesible A Biblioteca Pública de Santiago “Ánxel Casal” pon en funcionamento o servizo “Biblioteca Accesible”, que ten como obxectivo que toda persoa con calquera tipo de discapacidade poida acceder á biblioteca e aos recursos informativos que hai nela. Con esta finalidade, ofrecemos ordenadores e periféricos, animación cultural, formación de usuarios e unha colección accesible con libros e audiovisuais para colectivos que requiren unha atención diferenciada. A esta oferta, engádese un edificio que xa estaba dotado dunha infraestructura accesible: ascensores, baños adaptados, accesos sen escalóns e con portas de apertura automática, mobiliario adaptado para a consulta de catálogos... --Colección Accesible Esta pequena colección de libros, audiovisuais e documentos electrónicos está dirixida a colectivos que precisan unha atención diferenciada. Está ubicada no 2º andar e na Sala Infantil. Forman parte dela: -Libros de lectura fácil -Libros en Letra Grande -Lectura para Invidentes -Libros temáticos sobre discapacidade -Libros informativos relativos a lexislación sobre discapacitados, formación laboral, inserción, organizacións, dicionarios en lingua de signos, etc. -Audiolibros -DVDs e vídeos -Recursos electrónicos -Animación Cultural: un sábado ao mes o contacontos infantil faise en lingua de signos, a cargo da Federación de Asociación de Persoas Xordas de Galicia. -Formación de usuarios: programa de formación a grupos no uso do hardware e software accesible (os venres ás 13 h. Requírese inscrición previa) -Ocio: dispoñemos dun xadrez especialmente deseñado para integrar aos invidentes neste xogo. * Información: xeral e bibliográfica Co fin de facilitar ó lector o acceso á Biblioteca e ó uso dos seus fondos, o Centro dispón dun servizo de atención e información que se ofrece dende o terceiro andar. Este servizo axuda ós usuarios a: Coñecer as normas de uso da Biblioteca e a ubicación dos diferentes servizos. Utilizar mellor os fondos. Resolver as dúbidas sobre a obtención da información, tanto bibliográfica coma xeral. Manexar o OPAC (catálogo en liña da Biblioteca), as bases de datos en CD-ROM e o acceso a Internet. Se o usuario desexa algunha obra que no ten a Biblioteca, pode solicitar a súa adquisición cubrindo o impreso de solicitude ou desiderata que atopará no mostrador de información e control de tódalas salas da Biblioteca. * Consulta de Internet A Biblioteca dispón de 36 postos específicos para acceso a Internet, distribuidos entre as 4 andares. A consulta é pública e gratuíta. A primeira vez que se usa hai que rexistrarse cubrindo un pequeno formulario que aparece na pantalla. Ollo! hai que quedarse co nome de usuario e a contrasinal para usalos máis veces. Se non o lembras ou o perdes, pregunta no mostrador. O servizo está pensado para a procura de información con fins culturais, de investigación e de consulta en xeral. O tempo máximo para a utilización deste servizo é de 90 minutos por usuario e día. O ordenador reiniciarase automaticamente ao rematar cada sesión. * Reserva de Salas de traballo en grupo Na biblioteca hai dúas salas de traballo en grupo dispoñibles para o seu uso polo público. O mínimo de persoas para a reserva son dúas. Para facer a reserva é preciso anotarse nunha lista no mostrador do andar baixo ou chamar ao número 881 999 401. As salas están ubicadas no 3º andar e poderánse utilizar para calquera actividade sen ánimo de lucro. * Salón de Actos O Salón de Actos da Biblioteca tamén é público e calquera pode reservalo para realizar actividades de tipo cultural (presentacións de libros, exposicións, conferencias ...) pódese facer a reserva a través do formulario: http://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/reserva-de-instalacions ou chamando á biblioteca ao teléfono 881 999 401. * Reprografía En cada andar (salvo no 2º) hai a disposición dos usuarios 1 fotocopiadora en branco e negro en autoservicio. As fotocopiadoras só se poderán utilizar para realizar copia de parte dos libros ou publicacións periódicas da Biblioteca, respetando a lexislación vixente sobre Propiedade Intelectual. En ningún caso se poderán utilizar para facer fotocopias doutros tipos de materiales tales como apuntes, traballos propios, etc.
Teléfono (*):
Sitio web:
Email:
Horas laborales
lunes:
-
martes:
-
miércoles:
-
jueves:
-
viernes:
-
sábado:
-
domingo:
-
*** Marque la ubicación en el mapa
Latitud (*):
Longitud (*):
Estado (*):
Ciudad (*):
Dirección 1 (*):
Dirección 2:
Código postal:
Imagen:
Submit