Añadir
Política de privacidad
Términos de servicio
Contacto
Editar Empresa | Alcer Coruña
Nombre para contacto (*):
Correo electrónico para contacto (*):
Nombre de Empresa (*):
Sobre Nosotros:
Sobre Nosotros Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril Historia A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, ALCER Coruña, nace en 1976 co firme propósito de mellorar a calidade de vida do enfermo renal. Nas súas orixes loitaba porque todo paciente renal tivese acceso a un tratamento de diálise, fundamental para a súa supervivencia. Anos despois, ALCER, traballando conxuntamente co resto dos ALCERES provinciais, convértese no principal precursor da actual Lei de transplantes, da que se cumpriu recentemente o seu XXV Aniversario. Hoxe en día, e unha vez superados aspectos de actuación sanitaria vital, ALCER é unha das entidades que máis claramente apostan por traballar optimizando os recursos sanitarios, baixo o convencemento de que, a atención ás persoas con enfermidades crónicas non pode centrarse nos factores da enfermidade, senón que é necesario o desenvolvemento de redes de apoio psicosocial con áreas de actuación integrais no campo da asistencia sanitaria, a protección e o benestar social. Baseándose nestes principios, ALCER persegue asegurar a maior calidade de vida, participación e independencia posíbel nas persoas con ERC, transplantadas de órganos e familias en particular, e a todas as persoas cunha enfermidade crónica en xeral, a través da concreción das seguintes actuacións marcadas nolos seus estatutos: Actuacións A asistencia e información aos enfermos de ril e outras doenzas descritas nos seus aspectos sanitario e social, especialmente no concernente á asistencia por facultativos e persoal sociosanitario especializados. A realización de todo tipo de accións de sensibilización e fomento da doazón de órganos e tecidos. A atención en procesos de rehabilitación psicosocial e inclusión laboral e social, das persoas con discapacidade xerada por doenzas crónicas susceptíbeis de transplante A promoción de servizos de atención á dependencia A execución de todas as actividades culturais, de lecer e deportivas que faciliten a participación e atención sociosanitaria do colectivo. O fomento da investigación dos problemas que suscitan as enfermidades de ril nos seus aspectos médico, asistencial e socioeconómico, así como da prevención das mesmas. A divulgación popular das necesidades deste colectivo, as súas posíbeis solucións, así como os seus múltiples aspectos sociais e xurídicos. A realización de actuacións encamiñadas ao fomento e participación de voluntariado. O establecemento de servizos propios de asesoramento laboral, educativo, social e psicolóxico, máis os que se crean necesarios para unha atención integral. A colaboración con todas aquelas persoas e entidades, públicas ou privadas, onde se realicen actividades que poidan conducir á consecución dos fins da asociación. Calquera outro que, de modo directo ou indirecto, poida contribuír á realización dos fins da Asociación.
Teléfono (*):
Sitio web:
Email:
Horas laborales
lunes:
-
martes:
-
miércoles:
-
jueves:
-
viernes:
-
sábado:
-
domingo:
-
*** Marque la ubicación en el mapa
Latitud (*):
Longitud (*):
Estado (*):
Ciudad (*):
Dirección 1 (*):
Dirección 2:
Código postal:
Imagen:
Submit