Recollemos a tradición educativa e pedagóxica dos tempos libres representada polo asociacionismo xuvenil, cultural e formativo galego nas pasadas décadas
A Escola de Educación nos Tempos Libres Altair Galiza (ETL Altair Galiza) recolle a
tradición educativa e pedagóxica dos tempos libres representada polo asociacionismo xuvenil,
cultural e formativo galego nas pasadas décadas nas súas vertentes de funcionamento estábel,
educación en valores, traballo en grupo e pedagoxía do proxecto como vertebradores.
Ofrecense aquí as liñas xerais do Proxecto Educativo da Escola. Todo o desenvolvemento
educativo da Escola seguirá os principios básicos aquí indicados. Altair concíbese como unha
proposta cívica e optimista e como unha resposta concreta á desorientación e á inacción sociais en
que vivimos. A pedagoxía do proxecto e a educación en valores son as bases pedagóxicas e
ideolóxicas de Altair. Formar persoas socialmente comprometidas cun alto sentido da cooperación e
a fraternidade son os seus obxectivos fundamentais. Altair practica unha formación integral, de
componente lúdica e solidaria, con especial atención á relación co entorno e o territorio, frente á
agresión aos modos de vida e ao medio nos nosos días.
A nosa meta é contribuír na educación do tempo libre como instrumento de solidariedade,
comprensión mutua e progreso social e cultural.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad