facebooktwitterpinterest

Reseñas, información para Escola de Música Municipal de Muros

Escola de Música Municipal de Muros

Historia

En Xaneiro do ano 2000 o Concello de Muros puxo en funcionamento unha Escola de Música, de ámbito municipal e atendendo ás finalidades, obxectivos, ensinanzas e condicións establecidas na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 11 de Marzo de 1.993, pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia. Dende aquela ven funcionando de xeito ininterrompido, aínda que mellorando as súas instalacións e ampliando o número de especialidades que se ofertan. Por orde do 9 de abril do ano 2007 obtén autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para ser incluída no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Misión

ÁREA DE MÚSICA E MOVEMENTO

O Área de Música e Movemento está deseñada para asentar no alumnado coñecementos musicais elementais e imprescindibles para o seu desenrolo musical.
Mediante unha metodoloxía musical moderna resolvese o problema da incapacidade sonora e rítmica, mediante exercicios de entoación e ximnasia rítmica musical.
Trátase de entender, con un tratamento pedagóxico, , o descubrimento e desenrolo das capacidades expresivas musicais: instinto rítmico, a audición, danza, etc.; así como as capacidades motrices que permitirán posteriormente a elección dun instrumento.

Dirixida a alumnos de 4 a 8 anos.
Divídese en dous ciclos:

•INICIACIÓN : para alumnos de 4 a 6 anos. Dous anos de duración.
•FORMACIÓN BÁSICA: para alumnos e 6 a 8 anos. Dous anos de duración.
Constan de dúas clases semanais, en grupo, de unha hora de duración, en grupos de ata 15 alumnos. Tódolos alumnos desta área, terán a posibilidade de iniciarse na práctica instrumental
de algunha das especialidades que a escola presente para esta área.
A idade mínima de ingreso serán de catro anos cumpridos, ou a cumprir durante o primeiro trimestre do curso académico (antes de finalizar
decembro).

•Contémplase a posibilidade de integrar nenos con necesidades educativas especiais, para o cal programase unha entrevista inicial cos pais para determinar o nivel de desenrolo do alumno. Atendendo ó mesmo, e non a idade cronolóxica, adxudicaráselle un grupo. No caso de que o profesor observe unha marcada diferenza madurativa con respecto ó grupo, o alumno poderá permanecer nesta área unha vez cumprida a idade de oito anos.
Obxetivos xerais

•Comprender e aplicar conceptos elementos básicos moi sinxelos da linguaxe musical mediante a voz, o corpo e os instrumentos.
•Coñecer os distintos estilos de música: infantil, popular, folclórica, clásica, moderna,…
•Coñecer, utilizar e controlar a voz como instrumento de representación e comunicación musical, educando de forma correcta a voz do neno: dicción, entoación, emisión, respiración, relaxación, tesitura, apoio, etc..
•Utilizar o corpo como medio de expresión tanto en movemento libre como organizado: danzas e coreografías sinxelas.
•Acada flexiblidade coordinación e precisión rítmica tanto instrumental como corporal.
•Traballar mediante o movemento dos distintos elementos da música (ritmo, melodía, armonía e forma) e as calidades do son.
•Recoñecer a forma visual e auditiva dos distintos instrumentos da orquestra, de percusión determinada e indeterminada así como os que poidan utilizar outro tipo de agrupacións musicais.
PRÁCTICA INSTRUMENTAL

ÁREA XERAL
(Dirixida a nenos/as a partir de 8 anos e adultos).
Especialidades Instrumentais: Piano, Frauta traveseira, Clarinete, Saxofón, Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo, Guitarra española, Canto e tódalas que posteriormente se instauren.

ÁREA DE MÚSICA TRADICIONAL:
Adicada a difusión, mantemento e recuperación da cultura musical galega, coidando en todo momento a utilización de fontes fidedignas de repertorio tradicional que avalen ese fin.
Especialidades Instrumentais: Gaita Galega, Percusión (Bombo, Tamboril, etc.), Acordeón, Frauta dulce.

ÁREA DE MÚSICA MODERNA E JAZZ:
Baseada na interpretación grupal por diversos instrumentos aplicada os estilos específicos da Área.
Especialidades Instrumentais: Guitarra eléctrica, Baixo eléctrico, Teclado, Batería.

MÚSICA EDUCACIÓN ESPECIAL:
Dirixida a alumnos con necesidades educativas especiais.

Dirección: Calle San Xosé, 15250 Muros, Galicia, Spain
Teléfono: 654995882
Ciudad: Muros
Ruta: Calle San Xosé
Código postal: 15250


Lugares similares cerca
Comenta sobre este lugar

Agregue este mapa a su sitio web;



Nosotros usamos cookies

Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad