Ferlós destaca polo seu ambiente, polos cafés de calidade, polas caipiriñas e polos mojitos. Con cada consumición sérvense exquisitas tapas caseiras
Cafetería Ferlós destaca polo seu ambiente, polos cafés de calidade, polas caipiriñas e polos mojitos, ademais con cada consumición sérvense exquisitas tapas caseiras.
Decorada tipo inglés, atópase nunha céntrica praza de Bertamiráns, e conta con dúas terrazas, unha interior habilitada para fumadores e outra exterior no verán.
Neste local apoiase a arte, por iso permítese que os artistas expoñan as súas obras de forma gratuíta, incluso hai un piano para quen queira e poda tocalo.
Ó fondo do local está a sala de xogos, cun billar, dous futbolíns e unha diana. Organízanse tanto torneos internos coma competicións.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad