Venta de entradas: https://v4.entradasatualcance.com/tickets-4o-festival-agrocuir-da-ulloa
Preguntas frecuentes
CANDO SE CELEBRA?
O 4º Festival Agrocuir da Ulloa celebrarase o venres 25 (na vila de Monterroso) e o sábado 26 (na Granxa Maruxa) de agosto de 2017.
CANTO CUSTA E COMO FACERSE COAS ENTRADAS?
As entradas están á venda a un prezo de 7 euros. Ademais dos puntos de venda, as entradas poderanse mercar o día do festival na propia Granxa Maruxa (apertura de portas ás 10.30). A venda de entradas realizarase en:
Chan da Pólvora (Compostela)
A Arca da Noe (Vilar de Santos, Ourense)
El Pueblo Café Cultural (Ourense)
Clef Music (Ferrol)
Bico de grao (Lugo)
Discos Portobello (A Coruña)
Amarante Setem (Pontevedra)
Elepé (Vigo)
A Cunca (Monterroso)
Pub Outeiro (Palas de Rei)
As Canterias (Antas de Ulla)
QUE VOU COMER?
Podedes traer a vosa propia comida. Ademais, o festival ofrecerá opcións compatibles con todos os réximes alimenticios, con varios
postos presentes na granxa.
COMO PODO PARTICIPAR?
Ademais das distintas actividades programadas, facemos
un chamamento a que todas as persoas que queiran traian os seus instrumentos.
ONDE DURMIR?
-O Cámping Municipal de Monterroso está situado en A Peneda,
lugar no que rematará o festival o sábado de madrugada: http://www.aged-sl.com/camping/gz/prices.php
-Casa do Río (espazo de encontro. Prezo: a vontade): https://www.facebook.com/acasadorio.arte/?hc_ref=SEARCH
-Casas rurales, hostales e hoteles en Monterroso, Palas de Rei e Antas de Ulla.
MONTERROSO
-Hotel Río Ulla (www.hrumonterroso.com)
-Pensión Restaurante Café Arxiz (https://www.paxinasgalegas.es/arxiz-157588em.html)
-Casa do Campo (https://www.paxinasgalegas.es/casa-do-campo-158113em.html)
-Pazo de Ludeiro (www.pazodeludeiro.com)
-Casa Roán (www.casaroan.com)
- Campos de Vilance (www.camposdevilance.com)
ANTAS DE ULLA
-Hotel Restaurante Val (www.hotelrestauranteval.com)
-A Casa da Terra (www.acasadaterra.com)
PALAS DE REI
-Galpónn Boutique: Oferta especial Agrocuir (www.galponboutique.com)
-A Parada das Bestas (www.aparadadasbestas.com)
-Casa Blanco (www.casa-blanco.com)
-Pensiones Outeiro de Rei (www.paxinasgalegas.es/pensiones-outeiro-de-rei-4006ep_132ay.html)
-Albergue Zendoira (www.zendoira.com)
-La Cabaña (www.complejolacabana.com)
-O Cabalo Verde (www.booking.com/hotel/es/o-cabalo-verde.es.html)
COMO CHEGAR?
-Autobuses con parada en Monterroso dende Vigo, Pontevedra,
Ourense, Lugo e A Coruña, e con parada en Palas de Rei dende Santiago.
-En coche: coordenadas de Granxa Maruxa: 42.8079417,-7.8286298.
-Evento para compartir coche: https://www.facebook.com/events/254523428375323/?acontext=%7B%22action_history%22%3A%22[%7B%5C%22surface%5C%22%3A%5C%22page%5C%22%2C%5C%22mechanism%5C%22%3A%5C%22page_upcoming_events_card%5C%22%2C%5C%22extra_data%5C%22%3A[]%7D]%22%2C%22has_source%22%3Atrue%7D
INFORMACIÓN XERAL DA 4ª EDICIÓN.
O 4º Festival Agrocuir da Ulloa celebrarase o venres 25 (na vila de Monterroso) e o sábado 26 (na Granxa Maruxa) de agosto de 2017. Esta nova edición estará adicada á reivindicación do bosque autóctono e á visibilización das persoas transexuais.
Neste novo camiño, o Agrogay transfórmase en Agrocuir, termo que cremos que nos axuda a superar os conceptos que habitualmente nos aprisionan en identidades construidas.
Respectemos o que cada unha queira ser –tanto en relación ás demais persoas como á natureza–, abramos o abanico de cores e compartamos un encontro tan máxico como sempre!
O Colectivo Agrocuir da Ulloa, colectivo organizador deste festival, ten como principal obxectivo visibilizar un rural afectivo e sexualmente diverso. Ademáis, aposta por mostrar, defender e dar valor a outros principios como a sostibilidade, o respecto ao patrimonio material e inmaterial, e o ecoloxismo; defendendo a diversidade, tanto social como natural.
Feira, música ao vivo, obradoiros, mesa redonda, cine... darán cor a esta cuarta edición do Festival Agrocuir da Ulloa.
O noso colectivo non ten ánimo de lucro. Tódo-los ingresos obtidos da venda de entradas e merchandising serán destinados a cubrir os gastos do evento.
Contacto: [email protected]
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad