Festival Primavera do Cine
Dende o equipo de coordinación do Festival Primavera do Cine en Vigo anunciámosvos que estamos a preparar a quinta edición, que se celebrará entre o 19 e o 29 de maio de 2016.
Os obxectivos a cumprir seguen a ser os mesmos: a consolidación dun espazo de encontro entre os profesionais do audiovisual galego e a presentación de propostas cinematográficas que non atopan unha disribución axeitada nos circuítos de distribución convencionais. Pretendemos que o cine galego chegue ao seu público natural, e que este mesmo público o coñeza, o disfrute e teña a oportunidade de valoralo pola súa calidade.
Cada unha das categorías do festival (por anunciar) terá un premio do público.
Continuamos mantendo o mesmo espírito que inspirou a creación desta iniciativa: reencantar á poboación en tempos de crise e promover a difusión do cine galego dende un punto de vista aberto á diversidade e ao respecto polo noso patrimonio cultural.
Esperamos que este ano a primavera do cine volva a renacer co mesmo ímpetu que a cidade de Vigo e o seu público merece.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad