Entidade cultural sen ánimo de lucro creada para difundir a literatura de Celanova, en especial a de Manuel Curros Enríquez, cuxa casa é a Casa dos Poetas.
A Fundación Curros Enríquez é a encargada de ter aberta ó público as portas da vella casa familiar do poeta galego Manuel Curros Enríquez. Coñecida como “Casa dos Poetas” está situada no número 37 da rúa Curros Enríquez en Celanova. Cun horario de apertura ó público de martes a sábado de 11 a 13.30 horas e de 16 a 19 horas e festivos de 11 a 13.30 horas.
Esta entidade ten ademais como obxectivo dar a oportunidade de coñecer os espazos vitais nos que se formou a personalidade poética do propio Curros Enríquez, e do resto de escritores de Celanova como son Celso Emilio Ferreiro, Xosé Luís Méndez Ferrín así como tamén de outros autores menos coñecidos como Castor Elices ou Pepe Velo, entre outros.
Con este fin é co que ven deseñando anualmente unha serie de actividades que teñen como eixe central, pero non exclusivo, a literatura. Entre as iniciativas que desenvolvemos destaca a entrega anual do premio “Celanova, Casa dos Poetas”, a realización de programas de visitas por Celanova para todos os públicos, obradoiros, presentacións de libros, audiovisuais, etc.
Agregue este mapa a su sitio web;
Utilizamos cookies y otras tecnologías de seguimiento para mejorar su experiencia de navegación en nuestro sitio web, mostrarle contenido personalizado y anuncios dirigidos, analizar el tráfico de nuestro sitio web y comprender de dónde provienen nuestros visitantes.. Política de privacidad